Outra semana máis,e xa van catro, e hai que parar.Despois de duras sesións de adestramento e cando mellor empezaba a me atopar chega o que non quería que chegase: as lesións.A verdade é que aínda non sei cal é o alcance da lesión, pero sinto unhas pequenas molestias no lateral interno do xemelgo dereito e o aductor dereito non para de darme problemas,de feito o xoves,despois das series do mércores,tiña dificultade para andar,coxeaba lixeiramente da perna dereita.Hoxe,sábado,tiña pensado facer o adestramento de fondo,pero decidín parar e facer piscina,unha hora de piscina para activar o corazón e manter a forma.O luns teño cita coa fisioterapeuta e xa veremos o que me di.Espero que o descanso que lle dou esta fin de semana faga remitir as molestias e poida reincorporarme aos adestramentos o martes.
De momento non me considero membro do grupo dos mancados,sigo pensando que hoxe podería ter feito un adestramento normal pero máis vale previr que lamentarse despois!!!
Aos colegas de adestramento diríalles:non vos ides a librar de min facilmente!! Voltarei!!.
Saúde e quilómetros!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario