Acabo de recibir unha chamada telefónica de Dani, para informarme do adestramento que hoxe fixeron el e Edu.
Cumprindo co programa de adestramentos fixeron un adestramento de 95 minutos e o máis novedoso e que case todo o recorrido foi por terra.Saíron do lugar de costume, foron pola estrada de Mondariz ata á Freixa e dende alí por toda a ribeira do Tea ata a ponte das Partidas en Moreira, unha vez alí, deron volta facendo o recorrido inverso.Según me trasmitiu Dani,o recorrido ten zonas onde hai que ir en ringleira e outras onde se pode ir á par do compañeiro e que en liñas xerais dáselle un aprobado,polo que se deduce que pode ser unha boa alternativa para facer recorridos de terra.
Tamén teño que dicir que xa non teño o privilexio de poder presumir de non ter faltado a un so adestramento, pero como digo na entrada anterior: e mellor previr! e cando non se debe non se debe!
Comentar tamén o que David saiu a adestrar el so o sábado pola tarde.Realizou o circuíto habitual( coa costa Matahomes incluída) nuns máis que meritorios 49 minutos.Creo que cada vez se me vai a pór máis difícil gañarlle.
Saúde e quilómetros.
2 comentarios:
ni tan siquera dani o edu lo hubieran contado igual.. felicidades a david, jose lo tedrá complicado en la siguiente competition.
saúde e km
Moi boas Jose.
Ao Sur de Ponteareaws vívese ben e tranquilo e disfruto lendo as vosas peripecias.
Teño a sensación de que estades pasándovos un pouco e comezades a pagalo con lesións. Vos perde a emoción do obxectivo.
Se vos contara o plan de entrenos do meu entrenador daríavos a risa do "fácil" que é, pero levo moitos anos conél e saba muito disto e de como funciono eu.
O voso plan semella moi ambicioso para unha primeira maratón, pero vos saberedes.
Bueno, espero poder facer unha rodaxe con vos un día de estes, xa que por fín teño os Domingos pola mañán livres.
Marcho entrenar!
Saúde e.... cabesiñas,meus!!!
Publicar un comentario