Durante estas dúas semanas seguín adestrando e reservando un día para facer series. Nestas semanas as series foron de mil metros , mellorando os meus rexistros polo que me deu esperanzas de facer unha boa carreria este domigo.
Neste tempo non teño unha carreria obxectivo, só competir e tratar de manter unha chispa de velocidade.
Desta vez pretendía mellorar os tempos da carreira de Cangas e por iso saín co coitelo entre os dentes, a posteriori foi unha estratexia errada, pois se ben a primeira volta foi moi ben, a segunda xa non tanto.
Foto recollida en Correrengalicia
Tempo oficial 32':15'' , posto 103.
Foto recollida en Correrengalicia
Contento a medias, sigo baixando de 4'/km pero esperaba algo máis despois das series feitas nestas semanas.
Entramos no Nadal e esta semana teño complicado saír a adestrar polo que creo que vou facer un descanso. Ceas, comidas, tempo para a familia, traballo... difícil compaxinar co deporte, verei se sonq uen de sacar unhas horiñas para adestrar.
Por outra banda os Taninos seguimos coa organización da II San Silvestre Solidaria. As inscricións estarán abertas ata o domingo 29. Espero que ademais de colaborar na organización poida participar, dende logo xa estou inscrito!
Para o vindeiro ano xa teño en mente participar na carreira Correndo por Vigo , no Calvario, e na media maratona de Viana do Castelo para xusto depois empezar coa preparación da XV Vig-bay que se celebrará o 6 de abril.
Non quero rematar sen antes desexar a todos unhas felices festas e un ano 2014 cheo de éxitos, que os vosos desexos se cumpran .
Saúde e quilómetros!!
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario