Non tiña sensación de estar excesivamente canso despois da maratona, de feito pasou pola miña cabeza acudir á media maratón de Vilagarcía mais despois de adestrar esta semana tomei a decisión de que é mellor no ir.
O obxectivo é retomar a rutina e seguri facendo quilómetros. Esta semana saín a adestrar o martes e xoves, rodaxes suaves sobre dez quilómetros cada un, recuperado sensacións e notando as pernas un chisco pesadas. Non volvín a correr ata o domingo. Pretendía facer un test e valorar o meu estado de cara a afrontar a media de Vilagarcía. Fixen catorce quilómetros de menos a máis e en xeral podo decir que respondín ben. Pola tarde empecei a notar dor muscular e pesadez, e o luns incluso o xeonllo esquerdo producíame dor ao erguerme. Todo isto indica que non estou tan recuperado como pensaba e que a idea inicial de facer unha media é agora mesmo unha tolemia.
En troques dunha media vou participar na I Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple que se vai celebrar o domingo 24 de novembro no barrio de Bouzas. Non sei como estarei para esa data pero creo que é mellor neste momento, as medias quedarán para outra ocasión.
Por outra banda o venres celebramos unha cea de confraternización os Taninos na que ademais de comer, beber e pasalo ben, falamos da organización da II edición da San Silvestre Solidaria de Ponteareas, que xa está en marcha, e tamén da maratón na que participar na vindeira primavera e aquí non houbo moito acordo; A Coruña, Roterdam, Viena. Por razóns económicas gana A Coruña, por razóns de prestixio e turísticas obviamente a ganadora é Viena. Xa veremos como acaba o tema.
Os Taninos de celebración
Saúde e quilómetros!!
1 comentario:
Semella que os dous andamos igual: recuperando e xa pensando na seguinte (A Coruña, París)
Publicar un comentario