Tras quince días parado pola voda e a posterior viaxe, apenas levo adestrados sete días dende que voltei da viaxe de vodas. Dende a maratón de París só participara en Baiona no mes de agosto. Agora propúxenme volver a adestrar con método. Para empezar hoxe participei na Vigo +11. Sabía que non estaba en condicións de facer unha boa carreira, o meu obxectivo era volver as carreiras e recuperar sensacións pouco a pouco. Fixen un tempo moi lonxe dos que podo chegar a facer pero non me importa máis ben sérveme de estímulo para seguir adestrando. Do que queixo é do parvo que fun, xa que non atei ben os cordóns das zapatillas e tiven que parar no quilómetro 2 e no 8 para atar primeiro a dereita e despois a esquerda, imperdoable!
Márcome como obxectivo a San Martiño a mediados do mes de novembro, para esa data penso estar en forma a para chegar a iso a vindeira semana teño outra dura proba : a media maratón de Pontevedra.
A esta carreira vou cun só obxectivo : rematar e sumar quilómetros.
Saúde e quilómetros!
1 comentario:
Benvido...
Publicar un comentario