Que preguiza me dá escribir, e non é por que xa non teña cousa que contar , é que teño pouco tempo para dedicarlle a este blog. De feito dende a última vez que escribín xa participei na Media Maratón de Pontevedra a cal fun con apenas tres semanas de adestramento e na que conseguín un tempo de 1 h 28' e 50'', un máis que meritorio tempo para o que teño adestrado.
Hoxe participei na carreira máis multitudinaria de Galicia , na San Martiño de Ourense. Ata alá fun acompañado dos Taninos. Fun sen idea previa do que podía ou debía facer na carreira xa que descoñecía o meu estado de forma posto que se para Pontevedra apenas adestrara tres semanas, para esta non puiden adestrar máis que dúas, pois entre unha gastroenterite que collín na semana posterior á Media e a mudanza de casa, non puiden saír un só día a correr.
Nas dúas semanas previas á carreira fixen rodaxes e só un día de series. Na xuntanza previa á carreira, xa en Ourense, decidín acompañar a José Antonio e David na súa tentativa de achegarse a 40':00. Saímos xuntos pero non chegaramos ao km 1 e xa cada un ía por onde podía. Eu levaba diante miña a David, a certa distancia e por detrás seguíame José Antonio. Non coseguín sobrepasar á David ata pasado o Km 5.
O ritmo según o Garmin ía entorno aos 4'/km pero o desfase entre o GPS e o real fíxo que o reloxo marcara os 10 km sobre a Ponte Romana cando aínda faltaban case 200 metros para meta. O tempo final foi de 40':42'' .
Contento, pois non me crin capacitado para ir a ese ritmo e ao final puiden facelo. Non hai sitio para a decepción posto que se non se adestra os tempos non saen.
Agora voume marcar como obxectivo da media maratón de Viana do Castelo o 20 de xaneiro, espero poder ter continuidade nos adestramentos, se así o fago, os tempos saen.
Saúde e quilómetros!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario