A vida dá moitas voltas e nunha delas levoume a atopar a muller coa que decidín pasr o resto dos meus días e casar. Os preparativos da voda fixeron que non fose quen de compatibilizar preparativos,traballo e adestramentos, polo que pouco puiden adestrar sobre todo neste último mes.
Non penso deixar de correr, só me concedo unha breve pausa. Na volta da viaxe de noivos volverei.
Na mente está participar na media de Pontevedra, na Vigo+11 ( se se celebra), a Pedestre de Santiago e a clásica carreira ourensá de San Martiño.
Por iso prometo tamén volver a escribir máis a miudo.
Saúde e quilómetros
1 comentario:
Parabéns, Xosé. O asfalto sempre agardará por ti.
Publicar un comentario