20/12/09

Xa non hai volta a atrás.

"Recorrido da "Marató"

Xa estamos inscritos na Marató de Barcelona. De casualidade me din conta de que o día 20 era o derradeiro día para inscribirse a 45,00 €, e como xa estabamos decididos a ir a Barcelona pois aproveitamos e inscribimonos xa, agora só falta chegar en forma á cita e para iso hai que adestrar.
Esta semana tocou adestrar baixo a chuvia e o frío. A rodaxe do martes e as series de costas do mércores baixo a chuvia. Foron unhas series duras, non pola chuvia senón por ter que facer oito subidas dun minuto nunha costa de máxima pendente ( a matahomes, con este nome xa o decimos todo). O domingo 20 quilómetros baixo o frío e coas estradas xeadas, polo menos o frío sácase correndo.

Tamén houbo tempo para as celebracións. O venres tocaba cea de Nadal e a ela acudimos doce compañeiros e entorno á mesa degustanmos ricas viandas e mellores viños ademais dunha agradabilísima charla.


Ricas viandas

Aproveitando que a familia Tanina crece, decidimos empezar as xestións para buscar unha nova equipaxe para o equipo. Sobre este tema irei informando en vindeiras datas.


Momentos da cea

Xa na sobremesa o compañeiro Roberto fixo entrega duns trofeos-recordo aos Taninos máis veteranos, aquí podedes ver o que me correspondeu a min, moitas grazas Rober!.

"A la constancia y dedicación"

Na vindeira semana haberá que compaxinar adestramento coas celebracións de Nadal. Todo se pode facer se se organiza ben.

Saúde, quilómetros e BO NADAL a todos!!!



3 comentarios:

zapatilla veloz dixo...

Que esto no decaiga¡¡¡¡¡

FELIZ NAVIDAD A TODOS.

Anxo F. Saborido dixo...

Estiven estudando a proba e paréceme propicia. A climatoloxía e a orografía de Barcelona permiten un rápido movemento en bici ou andando. Ademais, os medios de transporte creo que son moi bos. O tempo previsto permite tirar fotos con calidade...creo que me apunto á Maratón!!!!
Moi boas festas a todas barra todos!!

Xose dixo...

Amigo Anxo, se te animas a ir ata Barna xa podes empezar a buscar billete de avión, eu xa o teño!!

Saúdos e Boas Festas!!