12/12/09

Obxectivo Marató de Barcelona.

Xa estamos coa cabeza centrada no marató de Barcelona que se celebrará o día 7 de marzo. de 2010. Deixamos de prepararnos para correr rápido para prepararnos para correr moito, da rapidez ao fondo, á resistencia, á devorar quilómetros. Xa levo dúas semanas de adestramento específico e teño as pernas moi cargadas. Ás rodaxes dos martes e venres, sumámoslle series de costas para coller forza e que son a causa de que agora teña as pernas tan cargadas. Os sábados series e os domingos rodaxes longas por riba dos 95 minutos.

A partir de agora tocará competir menos e adestrar máis. Neste mes de Nadal non penso participar en ningunha carreira, só na San Silvestre solidaria e non competitiva de Castrelos en Vigo .

Este mes vai ser difícil por que ademais de adestrar tamén é un mes de ceas , comidas e celebracións que tentarei que alteren pouco aos adestramentos, por exemplo esta mesma fin de semana cambiei a rodaxe do domingo par realizala o sábado e ter libre así o domingo.

O vindeiro venres 18 temos a cea dos Taninos á que convidamos aos que algunha vez viñeron a adestrar ou a competir con nós ao longo do deste ano, será unha cea para celebrar éxitos e para fixar obxectivos e sobre toda para pasalo ben en compañái dos amigos.

Saúde e quilómetros.

1 comentario:

Antonio Martínez dixo...

Boa elección. Co teu tempo na media, eu este ano baixei uns segundos das tres horas no MAPOMA. Estes días teño que decidirme por Barcelona ou Madrid... Gústame máis o perfil de BCN pero A Panadería de Osedo irá a Madrid. Moita sorte