Segundo obxectivo cumprido e premio para o esforzo e dedicación. A falta dos resultados oficiais o meu tempo na XIV Media Maratón de Pontevedra foi de 1h. 22':29'' moi por debaixo do obxectivo que me marcara, polo tanto é lóxico que está satisfeito de dando botes de ledicia.
A crónica da carreira comeza coa chegada a Pontevedra baixo a chuvia, o tempo estivo cambiante durante toda a mañá, así chovía forte como se abría o día, iso si, a temperatura non superou os 8 ou 9 graos. Tras recoller o dorsal , tomar un café e cambiarnos no coche fomos trotando cara a saída, ao carón do Estadio do Centro de Tecnificación. Alí saudamos a varios coñecidos, entre eles Roberto Feijoo ( hai un ano compartiamos quilómetros na Maratón de Donostia), Beauvais e Fer Abreu, e ao resto do Car Marisqueiro.
A saída foi rápida e limpa, sen agobios, pois a rúa era o suficientemente larga para os pouco máis de 600 inscritos, como dixo Edu : semella unha carreira familiar!.
Tras o pistoletazo collín o meu ritmo, quería ir a 4'/km. No primeiro piquei 3':45'' e no segundo 4':00''; nos quilómetros restantes fíxenos o máis lento a 4':02'' e o máis rápido a 3':43'' ( os kms. 20 e 21 ). Fun sempre dentro do meu límite, en ningún momento me sentín fóra de ritmo e sempre controlando e buscando algún grupo no que atoparme cómodo, cousa que non conseguín pois case fixen toda a carreira só, ou ía moi rápido ou algo lentos para o meu gusto
Por diante a poucos metros ía Edu ao que podía saudar e animar nas zonas nas que o circuíto facía xiros de 180º , na primeira volta sacábame uns 20'' e na segunda 30''. No quilometro 10 marcaba un tempo de 39':18'' ( por debaixo dos 40' que tiña previsto), as sensacións seguían sendo boas, e ía gañando marxe por se me entraba a páxara nalgún momento.
Na segunda volta seguín só, no quilómetro 12 un grupo amplo viña moi preto de min, alcanzáronme no 14 pero non deixei que me superaban e púxeme diante del aumentando o meu ritmo. No km 15 e cando vexo que Edu está relativamente preto e tentei ir a por el. A cada metro que daba mirábao máis cerca de min o que me deu máis ánimos, ademais sentíame ben sen síntomas de desfalecemento. No 18 consigo alcanzalo, anímoo para que me siga pero vou como un tiro e sigo adiantando a outros corredores. Ao paso pola Peregrina vexo de reollo unha camiseta amarela pero no era a de Edu, xa me convenzo de esta podía ser a miña carreira. Derradeiro quilometro, vou polo aire, non collo auga ( foi o único abastecemento que non collín ), as pernas están cargadísimas, sigo adiantando corredores e xa nas pistas do Estadio adiántame un corredor mentres que eu tamén adianto a outro nos derradeiros metros, paso a meta e paro o reloxo en 1h.22':29'' ( de arco de saída a arco de meta) paro recollo auga e vexo entrar a Edu (1h. 23'.01'' ), as pernas téñoas moi, moi cargadas o frío que había contráeme aínda máis os músculos. Esperamos a que entrara Maxi ( 1h 26':30'' aprox.) e marchamos trotando cara o coche pois estabamos sentindo moito frío.
Lamento non poder esperar a entrada doutros corredores, só me deu tempo de ver a entrada de Beauvais ( noraboa pola marca) pero o frío era moito e ademais estabamos mollados como pitos!. Mágoa de día frío e chuvioso, lembroume moito ao maratón de Donostia do ano pasado, pero é o risco de facer carreiras a estas alturas de ano.
Fin de temporada. Agora disfrutar destes resultados e a pensar definitivamente no Maratón de Barcelona.
Xosé M.: Posto 65; tempo 1h.22':37''
Edu: Posto 74; tempo 1h.23' 07''
Maxi: Posto 121; tempo 1h. 26' 41''
Victor: Posto: 409, tempo 1h. 40'00''
Para ver o resultados oficiais picar aquí.
XIV Media Maratón e Pontevedra |
Saúde e quilómetros !!!!
6 comentarios:
Parabéns campión.
A tua progresión e impresionante, nótase o traballo ben feito.
Eu tamén estou moderadamente satisfeito xa que fixen a miña segunda mellor marca e a mellor nos últimos 4 anos (1h 33m50s netos do meu crono).
Agora a ver si comezo a adestrar cun plan para tentar superar o meu muro do 1h 30m e tamén darlle duro en Barcelona.
Parabéns polo resultado e polas sensacións.
Jajajaja, agora sí que fixeches, a que acabas de liar..., jajaja
Parabens. Alegrome moito, merecíalo.
Unha aperta. (Vémonos o martes)
Enhorabuena, eres un crack!!!
para mi a partir de ahora vas a ser Xosselasie y por cierto ya me dirás qué comes, qué bebes, cuánto, cómo y con quién entrenas...
Esta tarde te haremos la ola en la rotonda a las 9.05.
Trabajo bien hecho!!!
Puedo entrenar contigo o vas a pasar de los Taninos por ser demasiado poco para ti?
jajaja!! Comparto a opinión de Tino...a que acabas de liar!!! Onte xa vin a Edu correndo por Ponteareas...
Bueno, o meu finde foi costa arriba, na Dragomán, posto 144 e moi boas sensacións...
Toda a info no blog dun servidor, aínda en construcción, http://case30anos.blogspot.com/ e na web www.dragoman2009.org
Ala, vémonos pola tarde!!
E felicidades polo tempazo!!!!!!
Poco tengo que añadir a lo ya dicho. Me parece un marcón de la leche, pero eso no es todo, porque creo que lo mejor está por venir.
¿Cuanto hay que agradecerle al gimnasio en ese salto de calidad?
A disfrutarlo.
Publicar un comentario