Este é o circuíto aproximado da Media Maratón de Pontevedra que se vai celebrar o domingo 29 de novembro. Despois de conseguir o obxectivo marcado para esta parte da temporada,baixar de 38'00'' nun dez mil , agora vou a pro outro obectivo secundario: facer marca persoal na media maratón.
Perfil da Media Maratón de Pontevedra 09
Hai ano e medio fixen 1:28':10'' na Vig-Bay, agora creo que estou preparado para rondar un tempo de 1h: 24', é un tempo moi esixente pero vouno tentar. Esta semana adestrei moi pouco. Dende a carreira de Óscar Pereiro saín a trotar unha e pouco ao día seguinte. O mércores cinco series de mil entre 3':53'' e 3'20'' e o venres 45' de trote suave. O domingo o desenlance.
Saúde e quilómetros
1 comentario:
Chego con retraso, noraboa polo obxectivo cumprido e sorte coa media. Parece que estás moi ben de forma así que vai con confianza!
Publicar un comentario