13/09/09

Terceira semana. Primeiro test.

Despois dunha semana na que a sesión de series consistiu en facer cambios de ritmo durante 30 minutos, máis dúas rodaxes máis de 55 min. 0 domingo o plan que seguimos tiña unha sorpresa para o domingo: Competición. Como non tiñamos ningunha carreira que nos coincidise cerca acordamos facer un circuíto de nove quilómetros aproximadamente para darlle un pouco de "calor" aos nosos corpos.
A sesión de series costoume moito facela por que tiña as pernas moi cargadas sobre todo nos isquios e tiña medo a "romper" ademais a calor era abafante ese día e iso que fomos a adestrar ás 9 da noite e xa se metera o sol. Rematei o adestramento completamente empapado en suor, nin nos peores días dop verán. A pesar destes condicionantes conseguín rematar a bo ritmo cunhas derradeiras voltas por debaixo de 4 min/km.

Na carreira do domingo participamos cinco taninos: Dani, David, Edu, Isma máis eu. Tras facer o quecemento oportuno e de establecer o circuíto a realizar, dimos a saída tomando eu a cabeza e marcando o meu ritmo. No primeiro Km, Edu xa se puxo por diante a uns poucos metros. Os demais agunataban o ritmo pero rematando a subida do segundo km Dani, Isma e David descolgáronse quedando só eu na persecución de Edu. Sobre o quinto quilómetro consigo darlle alcance e seguimos xuntos tratando de non descolgarme sabedor de que no momento de que esto sucedera íame a deixar clavado. Aguanteino nas subidas, pero nunha baixada forte xa non fun capaz de seguilo, quitoume 50 metros e xa non fun quen de recurtar distancias.
Esforceime para que non me quitara máis distancia pero as forzas xa non daban para máis e bastante fixen con manter o ritmo que levaba.

Ao final Edu fixo un tempo de 35':13'' e eu de 35': 35 un minuto máis tarde chegarían Dani seguido de Isma e David cunah diferencia entre eles de 30' máis ou menos.

Unha boa proba, creo que vou polo bo camiño, aínda falta moito para a San Martiño e a progresión que levo invita a ser optimista.

Saúde e quilómetros

2 comentarios:

Anxo F. Saborido dixo...

...onte case me matades...por certo, este ano non hai carreira en Ponteareas, non?

Xose dixo...

Será ca...! case nos matas ti a nós!
Claro como o señorito sempre acurta o circuíto sae a toda mecha e ponnos en fila e despois chegamos a meta escarallados.
Que saibas que onte fixemos DOUS minutos máis rápido o circuíto do que é habitual e todo pola túa culpa!!

En Ponteareas non hai cartos nin ganas para organizar carreiras! se foses a sachar as veighas!!
Saúdos