Domingo 8 de marzo: correr e comer. Como vén sendo tradición, e as tradicións non se poden perder, cun bo cocido celebramos o aniversario do noso equipo. A amistade é como unha pranta que hai que regar e se é cun bo viño mellor a pesar de que isto non sexa un comentario moi relacionado co deporte.
Despois de facer a tirada longa que establecen os plans de adestramento, onde cada quen deu o que puido, eu por causa da miña lesión din ben pouco (apenas corenta e seis minutos) trasladámos ata a veciña vila de Pazos de Borbén para desfrutar dun bo cocido en grata compañia. Despois, xa pola tarde un paseo para baixar o comido e o bebido polo paseo fluvial de Mondariz Balneario.
Nas conversas que tivemos deixeime convencer para probar o mundo da bicicleta como unha alternativa mentras non poida correr sen ter que estar preocupado do meu xeonllo. O sábado puiden facer cincuenta minutos pero notei que perdín moito fondo e é que esta lesión estáme pasando máis facturas do que eu imaxinara. Non é que esté só desanimado, xa me fixen a idea de que a Vig-bay deste ano non vai ser para min e moito menos a Mapoma é que me está afectar na miña vida cotiá.
Na espera de tempos mellores seguiremos loitando!
Por certo! o Taninos Runners xa está inscrito na X edición da VIG-BAY.
Esixo resultados!!!!!
09/03/09
“Taninos’ Day”
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
3 comentarios:
O ano pasado botei uns dous meses sen poder correr por unha lesión no oco poplíteo (nin sabía que existía). Hoxe estou en mellor forma e mais motivado que nunca. Non perdas o ánimo e proba coa bicicleta (a min foime ben o ano pasado).
ummmm, non saio nas fotos!!!
Esixo fotos!!
E resultados tamén...recordade o sobre cos obxectivos para a Vigbay, jejeje! Que metida de pata fixen, jajaja!Cando acabe a carreira e vexa o tempo vou partirme de risa!!
anxo!
Solo darte ánimos y no te pongas objetivos, tu disfruta y recuperate y si es poco a poco, mejor, pues estarás estableciendo las bases para el desarrollo del siguiente semestre.
Saludos
Publicar un comentario