30/03/08

Que pouco falta!!!


Primeira aparición en público da equipaxe do Taninos Runners, e de que xeito! A menos dunha semana para a Vig-Bay estamos "pulverizando" tempos,xa que excepto Tino que non foi a competir e tomou a carreira como un adestramento en compañía,os demais baixamos as nosas marcas persoais na distancia de 10 quilómetros.
Esta carreria foi a culminación doutra semana de adestramento que se inciou o martes con dúas series de 5000 que fixemos en 21':29'' e 19':33'', mércores e venres trote moi suave de 65' e 60'respectivamente.O domingo tocou realizar unha proba en carreira competindo en 10000 metros.
A carreira resultou mellor do esperado para todos. O día ameazaba choiva pero non se cumpriron os pronósticos e incluso no ceo apareceron unhas raiolas de sol que fixeron máis agradábel a mañá.No canto á carreira dende o principio os membros do equipo fomos separados.Edu saíu forte, eu saín un pouco conservador e David por detras ao seu ritmo.Ao longo do percorrido podiamos vernos cada vez que dabamos volta nas rotondas que tiña o circuíto o que nos permitía animarnos e de paso ver como iamos na carreira. O circuíto gustoume,tiña unhas costas bastante levadeiras, e o único pero foi o vento que daba nalgunhas zonas.

Os tempos finais foron: Edu 38':51'' (79º) , Xosé 39':20'' (89º), David 40':58'' (119º) e Tino 45':45'' (233º).
Para consultar todos os tempos premede na seguinte ligazón:

Resultados da II Carreira Cidade Universitaria de Vigo

Para ver videos sobre a carreira premede a seguinte ligazón :

Videos da carreira

1 comentario:

Bestiario dixo...

hola holitas

Pues el mismo hizo 40:18 y repito que lo pasé fatal con vuestro entreno de correr por el monte.

Saludos