02/03/08
Crónica dunha semana rara ( "en sentido general")
Porque rara? pois por que non tiven boas sensacións, por que tiven unhas molestias que me preocuparon moito, por que non me vexo,a seis semanas da VIG-BAY,en condicións de baixar o meu tempo,etc.
Durante a semana so adestrei o martes e o xoves,o primeiro día saímos a rodar durante unha hora e o segundo día saín con David a facer cambios de ritmo.Ao chegar a casa tiña unha dor moi profunda no aductor dereito que non me deixaba case andar,de feito estiven coxeando todo o venres polo que decidín suspender o adestramento que tiña previsto e me puxen en mans dun osteópata.Este díxome que tiña a cadeira "rotada" e por iso as dores no aductor.Non sei se acertou ou non,melloría si notei de feito hoxe,domingo,puiden sair a correr sen apenas molestias, o que me preocupa é que a dor vén despois de correr, aínda que hoxe non foi tan forte.
Con respecto ao adestramento dominical hoxe tocaba o circuíto habitual pero a ritmo de carreira.Do feito hoxe podo sacar as seguintes conclusións:aínda non estou en forma,pode ser que aínda non esté recuperado da gripe, fixen unha media boa,4:22 min.(48:53 final) pero pola contra decir que sufrín moito dende a costa dos chalés (a "matahomes") alí xa me quedei atrás e non fun capaz en ningún momento de coller a David e a Dani que remataron o recorrido cuns bos tempos(Dani 46 altos e David 47 altos)e dicir que David me quitou máis dun minuto!!.Conclusión teño que pórme as pilas,e iso non significa adestrar máis senón mellor e se hai que baixar a frecuencia de adestramentos haberá que facelo.
Xa veremos como resulta esta semana.
Por certo as camisetas do equipo xa están encargadas!!!.
Saúde e quilómetros!!
Como podedes observar vou a ir colocando fotos nos comentarios para ir ambientando a gran cita.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
Estira ben antes e despois do entreno ou non te pasarán as dores. Eu tiven unha tempoda dores no abductor e son un conhazo.
e coidado coas serias curtas e ráoidas que poden ser as culpables polos cambios de zancada
Fernando
Publicar un comentario