26/07/08

As novas zapatillas



Estas son as zapatillas que merquei para afrontar a nova temporada, con elas teño en mente facer a Maratón de Donosti e son, polo tanto, as que vou a empregar na preparación desta proba.
Son a evolución das que usei na primeira parte do ano e que con máis e 800 quilómetros teño que xubilar por que a pesar de parecer novas non o están e perderon moita amortiguación para máis infromación tedes a seguinte ligazón e video.

Mizuno wave rider 3





Mizuno Wave Elixir III - Jubii TV
Mizuno Wave Elixir III - Jubii TV

Mizuno Wave Elixir III - Jubii TV
Prueba de las zapatillas realizada por www.runners.es

21/07/08

Novo reto persoal.


Xa está, en breves días hai que empezar a preparar a Maratón de Donosti. Xunto con Tino e posiblemente Edu, marqueime o obxectivo de correr a segunda maratón da miña curta vida como atleta. Despois da intensa e apaixonante preparación da Mapoma agora quero vivir semellantes sensacións na segunda parte do ano. Os plans de adestramento marcan unha preparación de 17 semanas o que nos fai empezar a preparación na primeira semana de agosto. O problema vai ser a calor do verán, se se manteñen as temperaturas destes días vouno pasar mal xa que coa calor baixo moito o meu rendemento e o adestramento faiseme duro de máis, de feito estou barallando a posibilidade de tomarme uns días de descanso para empezar con máis pulos coa preparación. Con esta calor o único que apetece é ir a praia, descansar, desfrutar dos días longos, etc pero o que algo quere algo lle custa así que haberá que tomar con ganas a cousa!. Menos mal que pronto empezan os Xogos Olímpicos e me van a motivar.

Seguiremos informando.

14/07/08

Campionato de España 10000 m.

Marabillosa tarde de atletismo nas pistas de atletismo de Balaídos a vivida o sábado 12 de xullo!
Disputábase o campionato de España da especialidade e ademais era a última oportunidade para que as e os atletas conseguisen a mínima olímpica.
A cita empezou cunhas probas de 100 m., salto de lonxitude, 800 m., lanzamento de xabalina nas que participaba o decatleta de O Rosal David Gómez, que se está a preparar para conseguir a mínima olímpica en vindeiras datas.
Pero o prato forte chegaría coas probas de 10000 m. feminina e masculina. Na feminina a atleta Isabel Checa conseguiu a mínima B que lle dá o pasaporte para Pekín cunha carreria marcada por unha atleta keniata que lle serviu de lebre ata o 8º quilómetro.

Preparativos da saída da carreira feminina

A carreira masculina comenzou pouco despois con tres claros favoritos : De la Ossa, Carles Castillejo e Lamdassem, e os tres cumpliron conseguindo a mínima A, que estaba en 27:50:00.
Ao igual que na proba feminina a lebre foi fundamental marcando un ritmo por debaixo de 2:40 min./Km o que permitiu a De la Ossa facer un tempo de 27:28 e a Castillejo(2º) e Lamdassem (3º) baixar da mínima.

Corredores preparándose

Juan Carlos de la Ossa


De La Ossa e Isabel Checa

En resumo, unha tarde na que puiden disfrutar vendo atletismo de alta calidade en directo. De aquí saíron catro olímpicos.
E se David Gómez consigue a súa mínima podería decir que unha tarde en Vigo vin a cinco atletas olímpicos!

10/07/08

Campionato de España en pista de 10000 m.

O sábado 12 de xullo celebraráse en Vigo, concretamente nas pistas de Balaídos o campinonato de España en pista na distancia de 10000 metros, na categoría feminina e masculina, coa peculiaridade de que será unha proba na que os corredores poderán acadar a mínima olímpica.
É unha oportunidade única de ver en directo a De La Ossa ou Carles Castillejo ou aos galegos Lolo Pena ou Suso De La Fuente. Entre as mulleres destaca a canguesa Mª Jesús Gestido.

Eu non me penso perder esta proba en vivo!

Lista de participantes

07/07/08

Javier Gómez Noya


A carreira de Leiro tivo un participante especial, o mellor triatleta do mundo: Javier Gómez Noya. Coa mirada posta nos xogos olímpicos de Pekín renunciou a participar na proba do campionato do mundo de Hamburgo e fixo un oco na súa axenda para trasladarse ata Leiro e compartir quilómetros cos corredores populares.
Ao rematar a proba, que por certo gañou quitándolle ao 2º e 3º (Elias Domínguez) máis dun minuto, e tras pasar pola ducha, estivo falando e sacándose fotos cos populares, deixando constancia da súa sinxeleza; grande na competición e aínda máis como persoa.
Aquí vos deixo unha foto que me fai unha ilusión especial, poucos atletas españois son tan claros candidatos ao ouro nos Xogos Olímpicos como o pode ser Javi Gómez Noya.
Sorte Javi!!!!

XXV Carreira Concello de Leiro

06/07/08

XXV Carreira Concello de Leiro

Outra carreira para o peto! e van... xa a perdín a conta!.
Bonita carreira. Unha vila pequena totalmente entregada á organización desta carreira que cumpriu a XXVª edición, e xa ten mérito que alá polos anos 80 empezaran a organizar esta carreira sendo unha vila pequeniña ( algunhas que van camiño de ser cidade non foron capaces de organizar dúas edicións seguidas).
Con respecto á miña carreira decir que estou satisfeito, non mellorei os meus tempos pero manteño o acadado ata o de agora e voltei a baixar de 4 min/km rematando no posto 121 de case 400 participantes ( Resultados ).

A carreira tiña de todo: asfalto, terra, herba, subidas, baixadas... un percorrido polas poucas rúas que ten a vila e polas beiras do río Avia atravesando por unhas zonas preciosas.

Saín conservador para non afogarme nos primeiros quilómetros para xa no quilóm. 2 estar a tope. Fun buscando referencias entre os demais participantes para atopar a "roda" boa. Antes de chegar ao quilómetro 5 empecei a notar o estomago baleiro, facía algo de calor e afectoume. Así pasei polo Km. 5 en 19':27'' onde bebín e deixei de ter esas molestias estomacais.
De aí ao final conservando a pesar de que nos dous últimos quilómetros empezaron a adiantarme algúns corredores ( eu tamén adiantei a algún). Na liña de meta non tiven forzas para esprintar, tampouco facía falla, chegaba só, cun tempo oficial de 38':08''.

Por detrás chegaría David nun tempo de 40':01'' conseguindo manter o tempo que acadara na carreria do Cuvi. Ainda non conseguiu baixar de 4 min/km pero cada vez está máis cerca.

A por outra!

Saúde e quilómetros!!!

05/07/08

No solo de pan vive el hombre!



4 de xullo, Fontes do Sar (Compostela).Concerto de Extemoduro.Grazas a Nieves, que me invitou, puiden asistir a un concerto de rock. Había anos que non asistía a un evento deste tipo. Gustoume a pesar de que só coñezo unhas poucas cancións deste grupo.
O que máis me chamou a atención foi a entrega do público, cantando e bailando ao son da banda. Entregados por completo, nun ambiente que cheiraba a esa mistura de suor, alcohol e porros, había un clima de entrega absoluto no que supoño influiu bastante os efectos dos dous últimos (jejeje),bueno non todos, algunhas non necesitan ningún tipo de estupefacientes para flipar con Robe Iniesta e a súa banda.

Grazas Nieves por unha noite de rock!!!
Sos queremos!!!

25/06/08

Teatro, Teatro, Teatro


Xa temos aquí a vixesimo cuarta edición da MIT ( Mosta internacional de Teatro ) de Ribadavia. Se premedes sobre a foto podedes acceder á páxina web do certame e ver o programa.
Este ano vai do 19 ao 26 de xullo. Como xa vai sendo costume haberá que ir organizando as viaxes a Ribadavia para desfrutar dunha noite de teatro no auditorio ao aire libre e dos espectáculos da rúa.

22/06/08

Volven as carreiras 2

XXV carreira de San Xoán ( Vigo )
Domingo, 22 de xuño de 2008.

Primeira das probas realizada. O día amaneceu nuboso, boa temperatura para correr. Xa non me lembraba o que era preparar as cousas para unha carreira: equipaxe, cremas, toalla, camiseta de muda, gorra, fornecemento líquido... a rutina dunha carreira. Cheguei ao circuito con tempo suficeinte para aparcar perto, recoller o dorsal ver as carrieras dos pequenos e saúdar a algín coñecido que tamén se deu cita nesta carreira, entre eles o meu primo Toti e María. Con eles fixen o quecento mentres falabamos.
A carreira empezou con retraso, é a primeira vez que asisto ao que no mundo do atletismo se chama cámara de chamadas, que non é máis que o control dos asistentes e dorsais por parte dun xuiz. O día fora abrindo, e apenas había xa nubes no ceo, o sol daba con forza e a temperatura subía ( menos mal que trouxen a gorra). Empeza a carreira, sain moi rápido, márcome un obxectivo ( seguir a Dani Alonso) póñome ao seu par, na primeira volta vou por díante del, pero enseguida vexo que vou fora de ritmo, demasiado alto, sei que o vou a pagar, pero como son apenas 5610 metros sigo, na segunda volta a calor empeza a facer mella en min, o meu obxectivo vaiseme. O circuito é de cross con continuos cambios e ritmo, nunha das voltas crúzome con Toti, vai detrás miña pero non a moita distancia, saudámonos. Sinto moita sede e o estómago encólleseme, que duro se está facendo isto!. Sufrindo ata o final, consigo alcanzar a algún corredor e nos últimos metros consigo manter a posición. Tempo final 22':42'' ,posto 41 de 100,( ritmo de 4:03 ), , non conseguín o meu primeiro obxectivo pero mañán intentareino de novo na carreira de San Xoan.

Luns, 23 de xuño de 2008

Segunda proba en dous días, despois de rematar a xornada laboral, poño o traxe de faena e me dirixo á Praza do Rei ( Vigo). Ao contrario de onte, hoxe o día foi empeorando. Cando chego para coller o dorsal empeza a poallar, e así estaría o tempo durante a proba. A praza do Concello está cheíña de atletas, hai un pouco de caos á hora de recoller o dorsal debido aos que se inscriben no momento. Tras recoller o meu atópeme con algúns coñecidos : Banderas, Miguel Abreu, José Luis, falo un pouco con eles e empezo a quentar, únenense a min Miguel e José Luis. Realicei un bo quecemento, tiña algunhas secuelas da carreira de onte en forma de maniotas e era necesario quentar ben.
Empeza a carreira sen apenas retraso, saio no medio do grupo. Por Camelias vexo a José Luis acompañado de Elena Naveiro, decido seguilos pero baixando Romil o meu ritmo é mellor e os supero, síntome ben, non saín tan afogado como onte. Paseo de Alfonso, Pi i Margall, López Mora ( o local da vella academia segue sen alugar, jejeje), José Luis ponse ao meu carón, baixamos a rúa Coruña ata a Praza da Industria e alí xiramos a esquerda cara Bouzas por Tomás Alonso, xa non vexo ao meu compañeiro e céntrome en alcanzar aos que teño por diante. Ao chegar ao mercado de Bouzas dou alcance a un foreiro ( Aguita), sigo o seu ritmo ata que empezamos a ser superados por algúns grupos reducidos. Ao chegar á rotonda de Beiramar coa rúa Coruña aumento o ritmo alcanzo a un dos que antes me sobrepasaran e pégome a el e intenta deixarme pero na rotonda do Berbés apreto, o rebaso e enfilo a meta situada na Praza do Berbés. Tempo : 30 min. e 24 seg. nunha distancia de 7.900 metros (3:51 Km/min.) obxectivo cumprido!!!. Despois do "semifracaso" de onte, hoxe conseguín o obxectivo. Tivén que esforzame e dalo todo pero conseguino, estou satisfeito.
Ao rematar atópome con Miguel e José Luis ( grazas por subirme en coche ata o Concello) que chegaron por detrás de min a poucos segundos. Había un sorteo de premios pero como a noite se botaba enriba e seguía poallando tomamos a sabia decisión de irnos para casa.
Valoración desta carreira: positiva, non só pola marca realizada senón por que era a primeira vez que corría polas rúas e Vigo e gustoume pasar por rúas que normalmente atraveso en coche, ademais había moito ambiente para ser día laboral. Espero repetir experiencia.

Saúde e quilómetros !!!

20/06/08

Volven as carreiras!

Xa sei que dixen que despois da maratón de Madrid ía a tomar un descanso de carreiras, pero tamén dixen que me apuntaría, se o corpo mo pedía, a algunha carreira que me pillase perto da casa. E así será!.
Case dous meses despois da Mapoma xa teño mono de competir. Mergullando no calendario de Correr en Galicia atopei unha carreira no Porriño o domingo 22,e a través do foro, souben da XXIV edición da Carreira Pedestre de San Xoan en Vigo, organizada pola delegación viguesa da federación galega de atletismo, na noitiña do luns 23. Dúas carreiras en dous días, nunca o fixen e sei que é unha tolemia, pero na miña defensa penso que estou preparado para afrontalas. A primera son 5610 m. a segunda de 8600 m. ( según o Faro de Vigo), son carreiras rápidas sobre todo para min que acostumo a facer probas de máis quilómetros, pero agora o corpo pídeme carreiras curtas. Vounas a encarar como se fosen series das que acostumo a facer e póñome como obxectivo baixar de 4 min./quilómetro se conseguirei será outro conto.

Saúde e quilómetros!!

18/06/08

Real Club Celta de Vigo S.A.D.


Quen me coñece sabe ben do meu celtismo. Ata o de agora non mencionei neste blog, nen no anterior, nada referente ao Celta.
Dende o punto de vista dun celtista con máis de 14 temporadas de socio consecutivas e rematada a temporada vou a facer unha reflexión da temporada máis funesta para o celtismo dende que teño coñecemento, esta temporada superou o acontecido a principios dos oitenta cando o celta caeu na 2º B. Digo funesta por que foi unha temporada horrible non só no eido deportivo senón no económico e no social.
No deportivo está claro que despois de descender tíñase como obxectivo o ascenso e despois dunha política errática de contratacións, despidos e xestión do persoal, malamente se conseguiu manter a categoría. O causante de esta desfeita ten nome : Mouriño, responsable supremo da entidade, a el débeselle a contratación dun director deportivo nefasto, que se limitou a borrar do mapa a técnicos e empregados da etapa anterior e mal fichar malos xogadores doutras canteiras, etc.
No económico creo desculpo a Mouriño, cando colleu a entidade a situación económica xa estaba mal, o que non ten desculpa é dicir que non coñecía o estado real do club, se isto fose así mal negociante sería este señor!. Acollerse a Lei Concursal, a pesar de non ser economista e polo pouco que sei do asunto, creo que é a única saída que lle quedaba e será a solución aos males económicos( se non estou mal informado o Sporting de Xixón recán ascendido, temén se acolleu a esta lei).
No social o equipo foi perdendo apoio, cada vez ía menos xente ao campo, supoño que disgustados pola situación deportiva ou por outros motivos. Alguén dira : ti o primeiro!,na miña defensa dicir que as miñas razóns non foron para nada deportivas e quen me coñeza sábeo ben( so fun a un partido a Balaídos pero vin todos os televisados e escoitei os radiados, manténdome a o día da actualidade celtista, e sufrindo!). O asunto é que a imaxe dada polo equipo foi negativa e a pinga a tanta desfeita foi a derradeira xornada de liga porque a desgana dos xogadores, lonxe de quedar nunha derrota máis en casa, tivo efectos co-laterais permitindo o descenso do Racing de Ferrol ( con que cara podemos ir agora os celtistas presumindo de equipo señor, de equipo galego...). Claro está que esta situación só lle doe a unha pata do banco: a afección, precisamente a única que non pode facer nada( ou case nada) por revirar a situación. Por que o que é aos xogadores xa sabemos que non, a eles o amor a unha camiseta é directamente proporcional ao crecemento da súa conta de corrente. Houbo un tempo no que cría no "amor " a un club, a unha camiseta por parte dos xogadores, erros de mocidade!!! que inconsciente é a xuventude! os únicos que sufren pola derrota do equipo son os siareiros. A pena é cando os afeccionados se deixan utilizar para que os xogadores presionen á directiva cando piden aumento de soldo, estoume a lembrar de Gustavito López, Karpin por pór exemplos.

Para rematar este ladrillo de reflexión unha cousa: Coma sempre o de sempre! Hala Celta!

15/06/08

Roger Guerreiro, as voltas que dá a vida.

Roger Guerreiro

Sempre me sorprendeu e me sorprenderá as voltas que pode dar a vida. Estes días estamos disfrutando da Eurocopa de fútbol e como futbolero que son, gústame ver todos os partidos que poida, dá igual quen xogue. Pois ben, o xoves, despois de chegar de facer quilómetros e mentras facía a miña sesión de estiramentos diante do televisor estaban a botar o Austria-Polonia,e vin xogar a un polaco-brasileiro co nome futbolístico de Guerreiro, e do que os comentaristas da tele falaban marabillas. Cando as cámaras se centraron nel o primeiro que me veu á cabeza foi: como se parece a Roger, aquel lateral esquerdo que xogou no Celta na temporada 2004-05 en 2ª división!!. O domingo lendo o Faro de Vigo comprobo que efectivamente se trata da mesma persoa!!. Un xogador que pasou con máis pena que gloria polo Celta, un lateral esquerdo ramplón, é agora a estrela futbolística de Polonia. Agora xoga de dianteiro zurdo e marca goles! Como diría un creínte : os camiños de Deus son inescrutables !!