06/07/08

XXV Carreira Concello de Leiro

Outra carreira para o peto! e van... xa a perdín a conta!.
Bonita carreira. Unha vila pequena totalmente entregada á organización desta carreira que cumpriu a XXVª edición, e xa ten mérito que alá polos anos 80 empezaran a organizar esta carreira sendo unha vila pequeniña ( algunhas que van camiño de ser cidade non foron capaces de organizar dúas edicións seguidas).
Con respecto á miña carreira decir que estou satisfeito, non mellorei os meus tempos pero manteño o acadado ata o de agora e voltei a baixar de 4 min/km rematando no posto 121 de case 400 participantes ( Resultados ).

A carreira tiña de todo: asfalto, terra, herba, subidas, baixadas... un percorrido polas poucas rúas que ten a vila e polas beiras do río Avia atravesando por unhas zonas preciosas.

Saín conservador para non afogarme nos primeiros quilómetros para xa no quilóm. 2 estar a tope. Fun buscando referencias entre os demais participantes para atopar a "roda" boa. Antes de chegar ao quilómetro 5 empecei a notar o estomago baleiro, facía algo de calor e afectoume. Así pasei polo Km. 5 en 19':27'' onde bebín e deixei de ter esas molestias estomacais.
De aí ao final conservando a pesar de que nos dous últimos quilómetros empezaron a adiantarme algúns corredores ( eu tamén adiantei a algún). Na liña de meta non tiven forzas para esprintar, tampouco facía falla, chegaba só, cun tempo oficial de 38':08''.

Por detrás chegaría David nun tempo de 40':01'' conseguindo manter o tempo que acadara na carreria do Cuvi. Ainda non conseguiu baixar de 4 min/km pero cada vez está máis cerca.

A por outra!

Saúde e quilómetros!!!

Ningún comentario: