15/11/15

Despois de tres carreiras

Completadas as tres carreiras previstas, toca facer avaliación. 

Un mes despois de recuperar a actividade deportiva  tocou a primeira:  a III carreira contra o Cáncer    ( Vigo ). Carreira de 10 km, cun circuíto máis ben duro. O obxectivo era baixar dos corenta e seis minutos mais non puido ser por escasos catorce segundos ( posto 97 ). Tentara facer unha media de 4:30 pero non saía. Era a miña primeira carreira dende o verán e non se podía pedir moito,

O domingo seguinte tocoulle a quenda á Vigo +11  . Cunha quilometraxe pouco corrente xa que non chegaba aos once quilómetros. Buscaba recuperar sensacións á vez que facer quilómetros a ritmo. Tiven un mal día, pasara mala noite, durmira mal e ademais espertei con problemas "dixestivos". A isto sumouse a calor que había en Vigo ese día ( sobre 22º), algo pouco corrente para o mes de novembro. Só me atopei ben nos dous primeiros quilómetros, a partir de aí fun perdendo folgos.  Que si o estómago, que si as pernas que si as forzas, ou todo xunto. Sufrín moito para rematar a carreira e ncorenta e nove minutos longos.
Listo para correr
Con Gamote e Rubén Zúñiga

Outro cantar foi a San Martiño. Unha festa do atletismo popular, máis de cinco mil inscritos, unha carreira das que gusta especialmente correr. O día era máis ben fresco. Apenas quentei uns cinco minutos antes de situarme na liña de saída ( máis ben no caixón da saída ) . O previsto era saír reservón e ver como respondía. O de saír resservando é doado nas San Martiños pois é tal a de corredores que son da partida que se fai complicado saír a ritmo. O primeiro quilómetro foi a 5 min. o segundo a 4:30 de aí para baixo case en todos. Atopeime ben, con forzas toda a proba, medíndome e progresando cada quilómetro para rematar con moi boas sensacións en 43':48''( netos )

Sobre o km 2
Unha reflexión en alto sobre esta última carreira : Acudín a ela con menos quilómetros de adestramento na semana, polo tanto coas pilas máis cargadas, ademais non fixo calor cousa que non me vai ben, sonche máis de frío. Son cousas a ter en conta para futuras carreiras e metas deportivas.
E para rematar unha conclusión : progresamos axeitadamente.
Con Jose Antonio, un exemplo de perseverancia

2 comentarios:

Antonio Martínez dixo...

Así me gusta, campión, progresando...

Unknown dixo...

Noraboa Xose, voltas con forzas. A seguir así.