Completadas as tres carreiras previstas, toca facer avaliación.
Un mes despois de recuperar a actividade deportiva tocou a primeira: a III carreira contra o Cáncer ( Vigo ). Carreira de 10 km, cun circuíto máis ben duro. O obxectivo era baixar dos corenta e seis minutos mais non puido ser por escasos catorce segundos ( posto 97 ). Tentara facer unha media de 4:30 pero non saía. Era a miña primeira carreira dende o verán e non se podía pedir moito,
O domingo seguinte tocoulle a quenda á Vigo +11 . Cunha quilometraxe pouco corrente xa que non chegaba aos once quilómetros. Buscaba recuperar sensacións á vez que facer quilómetros a ritmo. Tiven un mal día, pasara mala noite, durmira mal e ademais espertei con problemas "dixestivos". A isto sumouse a calor que había en Vigo ese día ( sobre 22º), algo pouco corrente para o mes de novembro. Só me atopei ben nos dous primeiros quilómetros, a partir de aí fun perdendo folgos. Que si o estómago, que si as pernas que si as forzas, ou todo xunto. Sufrín moito para rematar a carreira e ncorenta e nove minutos longos.
Listo para correr |
Con Gamote e Rubén Zúñiga |
Outro cantar foi a San Martiño. Unha festa do atletismo popular, máis de cinco mil inscritos, unha carreira das que gusta especialmente correr. O día era máis ben fresco. Apenas quentei uns cinco minutos antes de situarme na liña de saída ( máis ben no caixón da saída ) . O previsto era saír reservón e ver como respondía. O de saír resservando é doado nas San Martiños pois é tal a de corredores que son da partida que se fai complicado saír a ritmo. O primeiro quilómetro foi a 5 min. o segundo a 4:30 de aí para baixo case en todos. Atopeime ben, con forzas toda a proba, medíndome e progresando cada quilómetro para rematar con moi boas sensacións en 43':48''( netos ).
Sobre o km 2 |
E para rematar unha conclusión : progresamos axeitadamente.
Con Jose Antonio, un exemplo de perseverancia |
2 comentarios:
Así me gusta, campión, progresando...
Noraboa Xose, voltas con forzas. A seguir así.
Publicar un comentario