23/07/12

E pasaron os meses

Tres meses e medio despois retomo este blog, case o mesmo tempo que me levou a preparación da maratón de París e daquela daba cumprida información semana a semana da miña preparación. Dende que rematei a maratón non parei de correr, escepto o preceptivo descanso trala competición e un par  de semanas no mes de xuño por un catarro e unha pequena lesión.

Non estou preparando ningunha carreira, só corro polo pracer de correr e por seguir en forma, houbo semanas frouxas, con dúas sesións de adestramento, e outras máis intensas , con catro sesións. Participei nunha carreira o 3 de xuño por ser en Vigo e por que se celebraba o ascenso do Celta.

Agora teño en mente volver a competir un pouco en agosto na Nigrán Area e tal vez na andar e correr de Baiona . Polo demais, seguir gozando do verán e organizar unha voda, eses son os meus obxectivos a curto prazo, despois xa se verá!

Saúde e quilómetros

1 comentario:

Antonio Martínez dixo...

Por fin. Ou sexa que continuas trotando, que ben. En agosto tamén farei algunha proba na contorna de Muros e, axiña, decidir o obxectivo do outuno. Saúdos.