14/03/10

Novos obxectivos


A Marató xa é historia, hai que buscar novos retos e xa os teño en mente. O primeiro recuperar os músculos das miñas pernas do esforzo da marató. Este domingo saín a trotar unha hora e comprobei que as pernas aínda están tocadas, concretamente teño certas molestias no cuádriceps esquerdo e no isquio dereito. A vinderia semana seguirá sendo de descarga, penso saír a trotar o martes e o mércores e descansar ata o domingo no que participarei na carreira da CUVI.

O segundo obxectivo é deportivo, o 11 de abril dispútase a XI edición da Vig-bay unha media maratón á que lle teño un cariño especial , por participar nela empecei a correr e a considero unha cita ineludible no meu calendario. Por causa dunha lesión non puiden participar o ano pasado por iso este ano téñolle ganas e vou facer todo o posible para tentar baixar a miña marca en media maratón nesta proba se ben non é un perfil propicio para marcas.

Os Taninos, unha vez máis, inscribirémonos como equipo. Na edición pasada academos o posto 19º, posto que será moi complicado mesmo igualar este ano xa que polas lesións das "lebres "do equipo este perdeu potencial.

Despois da carreira do Cuvi empezaremos a meter nos adestramentos series curtas para tentar recuperar a velocidade perdida trala marató.

Seguiremos informando. Saúde e quilómetros!!

1 comentario:

Antonio Martínez dixo...

Eu fago a recuperación máis lenta. Xa non teño obxectivos. Descansar e logo, paseniño, volver trotar. Irei á Vig-Bay pero acompañando a unha rapaza do grupo que qauere baixar da hora e media. Saúdos