28/03/10

A falta de quince días.

Si, efectivemente só faltan quince días para a XI Media Maratón Vig-Bay. Esta semana formalicei a inscrición dos dez mebros dos Taninos que a imos a correr e empezamos o adestramento específico para esta proba. Despois de dúas semanas de descarga trala Marató , o domingo pasado xa participei na carreria do Cuvi poñéndo a proba a miña capacidade de recuperación e saín contento.
O martes fixen unha rodaxe en compaña doutros Taninos habituais dos adestramentos pero o mércores por diversos motivos atopeime con ter que facer as series só. Terían que ser catorce series de 400 m. e dixen terían por que ao final foron trece e non por lesión ou por deixadez senon que foi por despiste. Durante o adestramento e non sei en que momento, despisteime na conta das series, consecuencia posiblemente de non estar acostumado a facelas só e de non ter un xeito de compaxinar o esforzo deportivo coa capacidade de levar a conta. Estas foron as primeiras series dende a marató e costoume moito arrancar. Despois de levar tres mese preparando fondo recuperar velocidade non vai ser doado.
O venres volveron as series de novo e esta vez si fun acompañado por David, tocaban dúas de catro mil e realiceinas en 15':49'' e 15':06''.
Unha das razóns de sair só a adestrar o mércores é que despois de moito tempo as miñas aspiracións deportivas e as de Edu se separan, o meu compañeiro de andanzas deportivas dos últimos meses decidiu partipar na edición de este ano da Mapoma co que as súas series son distintas as miñas aínda que seguimos compartindo as rodaxes como a deste domingo donde foi quen de facer unha exhibición de forza, pois tras empezar a correr media hora antes que os demais, nos derradeiros quilómetros deu un cambio de ritmo que nos deixou cravados e asombrados.
Na Vig-Bay teremos unha nova oportunidade de probar as nosa forza . Pola miña banda non vai quedar tentar facer marca persoal, e pola de Edu tampouco por iso a disputa deportiva está aberta. Ata hoxe pensaba que podía ganarlle peor despois da exhibición de hoxe entráronme as dúbidas. O día 11 entre Samil e Baiona veremos o que pasa.

Na vindeira semana estou de vacacións e aproveitarei para adestrar pola tarde e coa luz do sol, espero aproveitalo.
Saúde e quilómetros!!!

Ningún comentario: