14/01/08

Primeira semana de adestramento

Despois de rematar a primeira semana de adestramento so podo decir unha cousa: estamos tolos!!!!.
o martes 8 de xaneiro empezamos o plan de adestramento previsto,na hora fixada estabamos todos os candidatos comprometidos con esta aventura (David,Edu,Tino,Rubén,Fernando, Gonzalo máis eu, faltaba Dani que por motivos de traballo non estaba en Ponteareas).A miña crónica dese adestramento resúmese en poucas palabras: dor,sufrimento,agotamento.
Ao día seguinte a cousa foi un pouco mellor coa axuda de Adonis (que se uniu a nós ese día) puiden realizar o adestramento máis cómodo. Os demais, incluído Dani que esta vez si estaba, andan como "motos", algún se pensa que a maratón é a semana que vén!!!
O venres entre reunións de traballo a última hora, compromisos familiares ou simplemente que non podían coas pernas, so aparecimos a adestrar Rubén, Gonzalo e eu. Fixemos o recorrido habitual pero ao revés, por iso de non aburrirnos co circuíto. Particularmente podo decir que empecei a recuperar sensacións, se ben é certo que non lle dimos moita caña( cousa lóxica a estas alturas de temporada).
Domingo 13 de xaneiro:Como choveu!!!!! Chuzos de punta!!! e alá fomos seis incoscientes (David,Edu,Dani,Rubén,Gonzalo e un servidor) a Salvaterra a facer unha tirada e 90 minutos.Hai que estar un pouco tolos para facer deporte nesas condicións, chuvia,vento,lóstregos... así é todo fixemos o previsto e rematamos todos con moi boas sensacións.

1 comentario:

Xose dixo...

Quedábame por decir que o sábado fun con David (e Mónica) ás rebaixas, concretamente a comprar unha zapatillas novas. Mercamos unas Mizuno Wave Elixir(recomendadas polo dono da tenda,Marcial) espero que polo menos duren e que non me fagan dano ( as miñas unllas o agradeceran). Chulas son polo menos!!!