O domingo 20 de xaneiro do 2008 pasará a historia do TANINOS' RUNNERS por ser a primeira vez que saímos das nosas fronteiras para correr.
Os 15 quilómetros de Viana do Castelo puxeron o "broche" dourado á segunda semana de adestramentos que se caracterizou pola ausencia dos lesionados Tino,Rubén e Gonzalo (o esforzo fai mella!!!) aos que desexamos unha pronta recuperación.
O domingo foi o gran día, saimos en caravana dende Ponteareas sobre as 9:15 e unha hora despois xa estabamos en Viana. Entre aparcar,recoller,os dorsais e quentar, botousenos o tempo enriba,tal vez teriamos que ter chegado unha media hora antes (esta foi para aprender!!).
As 10:30 (hora lusa) comenzou a carreira e a selección xa se fixo na saída: Dani e Edu foron por diante e David e máis eu por detrás.
Saímos moi rápidos,nos dous primeiros quilómetros pasamos por debaixo de 8 min. e particularmente este esforzo pagueino,xa que no quil. 5 empecei a descolgarme de David, por diante Dani e Edu ( con quen nos cruzabamos nalgunhas zonas do recorrido) seguian xuntos.Pensei que me ían a meter unha minutada pero enseguida me decatei que David tampouco estaba para "tirar foguetes". A cada paso pola metade do recorrido recibiamos os ánimos dos acompañantes nesta aventura Tino,Ana e Mónica, (ás famílias de Edu e Dani,que tamén nos acompañaron, non as vin en todo o recorrido pero seguro que tamén animaron o seu))que ademais se encargaron da reportaxe fotográfica, ánimos que facían falta por que a cousa se estaba a poñer difícil. No quilómetro 11 conseguín pórme ao carón de David no 13 intentei irme, pero na costa do derradeiro quilómetro paguei o esforzo e David pasoume como un foguete, pegueime a el e no sprint foi máis rápido.
Na outra guerra,según me contaron despois Dani,impúxose a Edu tamén no sprint, non antes de que Edu intetara escaparse sen exito.
Despois de recuperar forzas e da ducha fomos a comer,como non,un bacallau regado con viño verde.
En resumo unha boa experiencia: día soleado,recorrido non moi duro,boa compañía...
Voltaremos!!!!
Podedes ver as fotos na ligazón : fotos carreiras.
Clasificacións:
www.mmviana.com/maratona/class_geral.pdf
5 comentarios:
Como non podería ser de outra forma, los lesionados pese a non estar físicamente na carreira si ó estaban mentalmente, máxime co carácter internacional da mesma.
Intelixente Tino que se apuntou a merendada.
Gonzalo mais Rubén deberán estar antentos para as próximas..
Felicitacións para vencedores e vencidos, todos eles grandes competidores!! je je je..
Con cariño, un saúdo.
Mirámonos o martes as 21 horas.
¿E o goberno portugués sabe do perigo de que se lle colara esta secta no seu territorio...????
dende Barcelona:
pero quén é ese anónimo? Que se identifique xa!!!!!
Dende o subclub dos lesionados, manifestar que pola parte de un servidor ata o martes non se reincorpora ó cumplimento dos exercicios físicos.
Saúde e kms, pero amodiño..
Yo también me reincorporaré el próximo martes al tajo, a ver como evoluciona mi rodilla. El tema es que los que estéis sanos sigáis manteniendo viva la llama para que cuando volvamos los lesionados estemos calentitos.
E como sempre o de sempre: Saúde e quilómetros
DAVID
Publicar un comentario