Xa está , xa estamos inscritos!. Dez taninos e un par de asimilados imos participar na Maratón de París o 15 de abril de 2012. Xa temos a incripción feita , os billetes de avión e só falta arranxar o tema dos hoteis, asunto no que estamos traballando, xa que atopar cuartos nun hotel céntrico para vinte e tres persoas non é tarefa doada sobre todo se temos condicionantes como é o tema do pecunio.
Agora hai que pensar en prepararse, e ben, para a cita, no meu caso desexaría voltar a baixar das tres horas e para iso hai que adestrar forte e ser constante, e agora que se achega o novo ano e o tempo dos bos propósitos este sería o meu.
Xa estou buscando un plan de adestramentos, teño o que realizamos nos maratóns anteriores e que deu moi bo resultado máis tentando non caer no aburrimento que pode traer repetir programa, estou buscando pola rede algún outro que poida axeitar as miñas/nosas necesidades e posibilidades ( cando escribo nosas é por que tamén penso nos meus compañeiros de equipo : os taninos).
A verdade é que hai moita oferta onde escoller, as propias webs dos maratóns ofrecen plans de adestramento, en foros e webs especializadas tamén. Nisto estou ademais de seguir correndo entre tres ou catro veces por semana e tentar que as molestias do nocello esquerdo desaparezan dunha vez.
Dende que rematei coas carreiras na San Martiño púxenme en mans dun recuperador que me detectou unha inflamación no tendón exterior que con descanso, tratamento e exercicios de fortalecemento desapareceu se ben as molestias na zona do tendón de aquiles seguen e terei que volver a visitar ao recuperador para pór unha solución. Non desexaría empezar a preparación do maratón con estes problemas.
Pois nestas estamos, ilusionados e con novas metas. Polo camiño a París temos outras carreiras as que teño pensado acudir : Media Maratona de Viana, Media Maratón do Ribeiro, a Interrunig no Porriño, por suposto a Vig-bay e seguro que algunha máis.
Aproveito para felicitar as festas a todos os que me seguen a través deste blog :
Felices Festas e Feliz e deportivo ano 2012 a todos!!
Saúde e quilómetros!
Ningún comentario:
Publicar un comentario