Sete semanas despois de empezar a preparar esta carreira chegou o día. E sete semanas foron ben poucas para conseguir o obxectivo de baixar de 1 h. 25 min. Xa unha vez rematad a Vigo +11 sabía que ese obxectivo era demasiado alto para min, polo que decidín baixar as pretensións e quedarme perto de 1 h. 28 min. e este si que saíu.
Con este obxectivo púxenme na liña da saída en compañia do meu novo compañeiro de adestramentos vigueses Horacio, quen tamén tiña o mesmo obxectivo. O caso é que situámonos moi atrás o que nos obrigou a facer un esforzo extra para coller o ritmo desexado ademais a chuvia e sobre todo o vento dificulataba a carrerira. A cantidade de corredores non era acorde coa largura da estrada pola que transitamos nos primeiros quilómetros, ata non atravesar o río non puidemos correr libres. No xiro da Xunqueira puiden ver como os meus compañeiros de equipo ían bastante por diante. Do km 6 ao 10 incrementamos o ritmo e fomos superando corredores pouco a pouco. No km. 16 subimos un pouco o ritmo pero ao chegar ao 18 sufrín un baixón, non era quen de seguir o ritmo de Horacio quedeime retrasado e ao lonxe podía ver como o Tanino Rama estaba ao alcance. Tentei recuperar e así o fixen xa que do 19 a meta fun moi forte, todo o forte que podía xa que as pernas xa notaban o esforzo dos quilómetros. Entrando no estadio quixen facer un derradeiro esforzo pero ía xustiño. Non din collido nin a Horacio nin a Rama pero rematei moi satisfeito coa carreria e o tempo realizado 1 h 27' 13'' ( posto 202). A dureza da proba polo vento e a chuvia fai que está aínda máis contento coa carreira.
Aquí deixo a ligazón aos resultados da Media Maratón Serviocio Pontevedra 2011
Pero o mellor viría despois, seguindo a tradición Tanina, trala carreira tocaba comer unha boas ostras de Arcade regadas cun bo Alvariño
Pd. Xa hai que buscar novos obxectivos. A curso prazo temos a Carreira Pedestre de Santiago e a San Martiño en Ourense e a longo prazo un maratón Barcelona , París ? xa veremos.
Saúde e quilómetros!
3 comentarios:
Parabéns por acadar os obxectivos. Saúdos
Enhorabuena por lo de las ostras!!!!
Quién fue el primero en Arcade???
A que ritmo iban las ostras??
Agujetas en el brazo después de la zampá?
Paris bien vale una misa
Saú2
Publicar un comentario