E xa estamos nun novo ano. Ano que nos deparará a participación en novas carreiras esta vez como club legalmente rexistrado. Entre estas carreiras destaco por ser o primeiro gran obxectivo o
Maratón de Sevilla . Na preparación desta proba estamos inmersos agora, cada un co seu obxectivo, uns rematar, outros baixar de 3:30 e outros con metas máis esixentes, como é a miña xa que pretendo volver a baixar das tres horas ou a de Edu que aspira facer 2 horas 52 min. Isto lévanos a facer algúns adestramentos diferentes. Eu sigo o plan que xa empreguei para a marató de Barcelona e coma min a maioría dos Taninos. No caso de Edu sigue un plan moito máis esixente xa que se ben coincibe con nós nas rodaxes e nas tiradas longas, pero no canto de facer as nosas series, fai só series de 1000 m. cando tocan series curtas e de 3000 m cando tocan as series longas, a ritmos cada semana máis duros. O tempo e o asfalto dirá se é unha boa decisión, pero por intentalo xa merece un premio.
No que respecta á preparación da viaxe esta semana formalizamos os billetes de avión, se ben nun principio tiñamos a idea de viaxar en furgoneta ao final decidimos facer a viaxe en avión dende Santiago directos a Sevilla aproveitando os voos dunha compañía de baixo custo. Xa temos aloxamento e viaxe arranxados, só falla formalizar as inscricións.
Sigo encantado co Garmin que comprei, día a día vou descubrindo novas aplicacións e usos como a de permitir transmitir os datos á web de
strands.com o que me facilita gardar os datos dos adestramentos e carreiras.
Seguiremos informando. Saúde e quilómetros!!
1 comentario:
Que acadedos todos os obxectivos neste 2011. Sorte para Sevilla.
Publicar un comentario