17/05/09

Nunca choveu que non escampara.

Este refrán popular galego vénme nin feito a medida. Despois de CATRO meses lesionado, sen poder desfrutar da carreira, correndo con dores e con molestias, pensando ata que minuto ou que quilómetro podería aguantar, conformandome as veces con poder correr 30', outras "cabreándome" por non poder desfrutar correndo, agora por fin podo decir que xa non estou lesionado.
Xa van tres semanas nas que xa non teño molestia algunha, máis alá do cansancio propio dos adestramentos, estou pouco a pouco meténdolle quilómetros ás pernas, correndo en terra. Ademais metínme no mundo dos ximnasios onde ademais de facer algo de pesas, fago elíptica e cinta ( esta semana probarei a bicicleta e posiblemente o remo).

Este domingo, nunha mañán moi chuviosa, traspasei a fronteira da hora. Tiña tantas ganas de correr que non me asustei pola chuvia. Correr nunhas condicións climatolóxicas así, non é fácil pero aos 10' xa me atopaba a tope, creo que me gusta correr baixo a chuvia!.

O regreso ás carreiras está máis perto, xa empezo a barrallar carreiras e datas , pero de momento non quero facerme moitas ilusións, será que son algo supersticioso e non quero facer as contas da leiteira.

Verémonos pronto nas carreiras!!!

2 comentarios:

Oscarunin dixo...

HAS PROBADO EL GIMNASIO POR FIN? SE QUE E SUNA JODIENDA (EXPERIENCIA PROPIA) PERO VERAS QUE ES NECESARIO.... PREVIENE LESIONES, CON LE MUSCULO CARADO , MAS FUERTE O MAS ENTRENADO ES MAS DIFICIL JODERSE...
SALUDOS Y SUERTE PARA GONDOMAR... EL DOMINGO ESTARE EN P.AMERICA, PERO DE PLAYITA NO DE CARRERAS... JEJE
PRETENDIA IR TODO EL FINDE Y PROBAR GONDOMAR PERO LA PARIENTA HA TENIDO OTROS PLANES PARA MAÑANA SABADO
SUERTE

Xose dixo...

Voulle collendo xeito a isto do ximnasio, fago unha rutina de execicios: cardio, pesa(pernas e brazos) abdominais, lumnbares e se teño tempo outra sesión cardio.
Ao final ata lle vou coller gusto a isto das pesas jajaja.
saúdos.