23/02/09

Un paso atrás

Que mala é a impaciencia. Esta semana volvín a sentirme corredor, puiden facer dúas saídas sen molestias a primeira de 50 min. a segunda de 40. En case dous meses foi a primeira vez que non sentía dor na carriera. Isto animoume a seguir “progresando” e empezar a facer o “conto da leiteira”  que si reaparecer na carreira de Padrón, que si correr a Vig-Bay en 1:35’ polo que na saída do sábado e despois de ter feito 25’ sen molestia algunha decidín dar un salto e animarme a facer un cambio de ritmo. Mentres os demais Taninos facían unha proba de dez quilómetros eu pretendía facer catro ou tal vez cinco, que iluso!. Cando levaba un qm. empecei a notar molestias que pouco a pouco foron aumentando obrigándome a parar cando só levaba tres quilómetros. A dor volvía  a ser similar a de hai un mes polo  que tiven que regresar  a miña casa andando.

Estiramentos, ducha, xeo foi o seguinte que fixen ao chegar a casa.E ademais da dor que regresou ao meu xeonllo tamén  moitas doses de  “mala leche “ por ter cometido outro erro de principiante e é que non aprendemos!

Na próxima saída farei unha valoración de danos e tomarei unha decisión sobre o meu futuro próximo no mundo das carreiras e como son dos que pasa no branco ao negro en décimas de segundo, agora penso que este ano vou ter que estar na Vig-Bay pero na beirarrúa de animador.

Saúde e quilómetros!!

 

15/02/09

III Intersport Porriño 2009

Aquí tedes as primeiras fotos que puiden subir da III Intersport do Porriño.


III Intersport Porriño 2009


Unha mañán expléndida para correr. Un pouco de frío a primeira hoar da mñán pero á hora na que comenzou a carreira luciu un sol marabilloso que quentou un chisco o ambiente.
Foi unha carreira rápida a pesar da gran cantidade de participantes e das rúas estreitas polas que as veces se pasaba. Nun circuíto de 2, 5 Km. no que había que dar catro voltas, apriori e dada a participación prevista, temiamos que a carreira non fose tan rápida como se anunciaba.
En canto aos resultados ( que podedes ver aquí) creo que todos os Taninos quedaron moi satisfeitos xa que melloraron as súas marcas persoais, a pesares de estar en plena preparación para metas maiores. Tino sen adestrar series se mandou un 37', a menos de 40'' entraron en meta Sito e Edu, David por fin baixou dos 40' (39':17'' ) con que xa cumpriu cun dos seus retos para este ano.
Pola miña parte sigo co meu plan de recuperación. Esta semana conseguín por primeira vez correr 45' sen parar e sen apenas molestias. Con estas sensacións decidín participar na carreira coa intención de dar dúas ou tres voltas. Ao final foron tres pero deberían de ter sido dúas!. O día anterior fixera os 45' antes mencionados e o domingo pesaron sobre o meu xeonllo danado. Xa na primeira volta empecei a notar molestias pero o ambiente era tan bonito que me deixei levar ( as molestias eran iso: molestias e non ían a máis). Estabao a pasar ben, disfrutando do sinxelo feito de correr e vendo dende dentro a carreira e outro xeito de sentir unha carreira. Na terceira volta empezaronme a dobrar os Taninos e ao dar o terceiro paso por meta decidín que o máis prudente era parar e seguir desfrutando do ambiente.
Ao rematar puidemos departir con outros corredores amigos e coñecidos, cada un conta como lle foi que sensacións tivo, anécdotas, etc e isto gústame moito, non todo é correr.

Non sei aínda as consecuencias desta tolemia para a miña recuperación,non sei se será moi conveniente o que fixen pero o necesitaba, necesitaba volver a estar no ambiente de carreira, só polo ben que me sentou esta mañán de puro atletismo popular ten que ser bo, polo menos para o espíritu.
A verdade é que boto moito de menos poder disputar unha carreira en condicións. Hoxe dinme conta tamén do moito que me falta para recuperarme totalmente e só me queda tomalo con calma seguro de que o día que poida competir en plenas facultades vou a desfrutar a tope!!!
Aviso a navegantes! penso dar moita guerra aínda.
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

SAÚDE E QUILÓMETROS!!!!

08/02/09

Asómase unha luceciña.

Isto empeza a mellorar. Por fin puiden sair a correr. Non foi unha marabilla, teño moitas molestias e teño que parar aos 20' para estirar e impedir que a zona dolorida se me cargue de máis, pero volvo sair a correr!.
Saín a correr o martes, xoves e sábado incrementando 5' cada día o tempo de carreira. Entre os dez e quince min. de carreira empezo a notar molestias no entorno do xeonllo pero xa non é no mesmo sitio, agora é máis "muscular"e menos na inserción do músculo co xeonllo.
Sobre o tema das plantillas xa tomei unha decisión: non as vou facer. Despois de consultar cos amigos que as teñen ( uns a favor outros en contra) e sobre todo tralos consellos dun médico da miña confianza a decisión está tomada, as razóns son que pórme agora unhas plantillas suporían un periodo longo de adaptación a elas, que o meu corpo xa está habituado ao xeito de pisar e polo tanto adaptado ás miñas condicións biomecánicas, de feito un detonante da lesión foi ter cambiado as zapatillas e a mecánica do meu correr. Como creo que teño a lección ben aprendida comprei unhas zapatillas novas e esta vez non fixen experimentos co modelo e inclineime outra vez polas Mizuno Elixir 3 , os experimentos con gasosa!!

Esta semana repetirei días de adestramento en compañía , se a chuvia no dá unha trégua, do meu amigo Álvaro que está facendo un esforzo grande para acompañarme na miña recuperación.

O domingo hai carreira no Porriño e alí iremos os Taninos, uns a competir, outros de apoio técnico, alí estaremos dando guerra e disfrutando do ambiente das carreiras e que tanto boto de menos.

Saúde e quilómetros!!

01/02/09

Nin arre! nin xo!

Despois de vinte días totalmente parado e varias sesións de fisioterapia saín a correr co a esperanza de notar melloría na miña lesión pero non, nada de melloría, aos dez minutos de empezar a dor volveu, no mesmo sitio e coa mesma intensidade. Empezo a estar canso, non quero perder as esperanzas pero o que máis me incomoda é non saber concretamente que é o que teño, que tratamento debo seguir, que tempo de recuperación é o esperado para así poder mentalizarme do que me espera.
Tan aburrido estou que practicamte deixei de facer os exercicios de musculación, a min non me gusta "facer musculiños" o que me gusta é correr!, todo o demais é accesorio e estaría disposto a sacrificarme se vise resultados e agora non é o caso. De todos os xeitos son consciente da necesidade de fortalecer outros músculos que a carreria precisa, polo que pola miña cabeza está a pasar a idea de meterme nun ximnasio para obrigarme a facer os execrcios de musculación.

O tema das plantilas queda aparcado de momento, teño outra prioridade agora que é recuperarme, despois xa verei o que fago. De momento teño cita co osteópata a ver se dá co problema.

Saúde e quilómetros.

25/01/09

Sigo sen poder correr

Unha semana máis de reposo absoluto, esta foi a recomendación do osteópata, polo que xa levo dúas semanas paardo totalmente, dedicado aos meus estiramentos e abdominais.
Esta semana tamén visitei a un podólogo para que me dixera que tipo de zapatillas son as máis recomendables para os meus pés. Claramente son pronador, e ademais, acusado no pé dereito polo que me recomenda unha plantillas correctoras ademais de seguir usando o mesmo tipo de calzado que viña utilizando. A cuestión e que non teño tan claro se me convén usar agora unhas plantillas. despois de consultar con varios compañeiros corredores sigo sen ter claro a conveniencia ou non de usalas. A vindeira semana teño outra consulta e dicidirei se as fago ou non.

Por outra banda estre domingo desplaceime a Viana do Castelo a acompañar e animar aos meus camaradas corredores, en plan "director técnico" ( jaja) e despois de comprobar a carreira que fixeron todos, a pesar do forte vento que tiveron en contra, a pena por non poder participar é maior.

Dar a enhoraboa a Sito polo tempazo que fixo na súa primeira participación nunha media ( 1 h. 27') e a Anxo que tamén conseguiu rematar a súa primeira media en mensode 1 hora e 44 min.
Dos demais todo según o guión. Tino se "sale; Edu se mantén e David achégase ao seu reto persoal de baixar da hora trinta, na Vig -Bay veremos a valía de cada un.

Deixo unha ligazón coas fotos desta deportiva e festiva xornada.



Viana 25-01-09

18/01/09

Unha semana de mancado oficial

Oito días sen correr, oito días de recuperación, iso é ser positivo. Seguindo o tópico da botella medio chea ou medio baleira, eu direi que está medio chea, xa falta menos para recuperarme totalmente e poder empezar a temporada en plenas facultades.

Esta semana obtiven unha segunda opinión sobre a miña lesión. Despois de explorarme a coxa parece que a dor procede dunha tendinite do musculo tensor da perna dereita. Tratamento : descanso absoluto , estiramentos e sesións de fisoterapia. A isto sumamos a recomendación de ter que facer unha preparación previa á temporada de carrerias con sesións de musculación tanto de abdominais como de nocellos que en palabras da persoa que me atendeu " é fundamental para evitar lesións deste tipo". Polo tanto e ante a falta de poder sair a correr o que estiven facendo esta semana foi sesións de estiramentos, abdominais, flexións, sentadiñas, etc.

Ademais das sesións de fisio, esta vindeira semana teño cita cun osteópata que me recomendaron por varias partes e tamén vou a facer unha consulta cun podólogo, non penso comprame unha zapatillas novas ata non saber "científicamente" que tipo de pisada teño.

Aos meus compañeiros "Taninos" darlles as grazas por interesarse por min, non vexo a hora de reincorporarme á "disciplina do equipo", devezo por esas saidas en grupo!. Todo chegará, non se van a librar de min doadamente.

De todo se aprende e o que non nos mata fainos máis fortes.

Saúde e quilómetros!!

12/01/09

Aceptemos a realidade : Non podo correr.

Nin trinta nin vinte minutos! hai que ser realistas teño unha lesión complicada e non podo forzar a recuperación. Por máis que intente negar a realidade esta lesión impídeme correr e se non a curo ben vaime a estar dando a lata moito tempo.

O sábado saín a correr coa idea de facer só trinta minutos e cando levaba vinte e poucos as molestias reapareceron. Parei aos trinta minutos e a dor que tiña era a mesma que catro días atrás, non houbo polo tanto ningunha melloría. Ao chegar a casa estirei, botei crema antiinflamatoria pero a pesar disto baixar as escaleiras da miña casa era penoso.
Pola tarde fun a dar unha camiñada cos compañeiros de Debrúzate! e cando tocaba baixar pola ladeira do monte a dor era fortísima. Conclusión: decanso absoluto, fisoterapia, antiinflamatorios, estiramentos específicos e sobre todo paciencia.

Todo apunta a que teño afectada a cintilla iliotibial e polo que puiden saber é unha lesión moi latosa que podemos catalogar (según a clasificación do meu amigo Edu ) das que te impiden correr.

Como creo que saír a correr nestas condicións non me vai a aportar nada e podo mancarme aínda máis, o mellor é parar para o meu pesar. Dou por perdida a miña participación na Media de Viana do Castelo e verei se estou para a Intersport do Porriño o que teño claro agora é que os obxectivos da temporada xa non valen.

Aproveitarei estas semanas para facer, ademais do mencionado anteriormente, sesións de fortalecemento muscular que non me virán mal.

Espero que os meus compañeiros de "correrías" sigan dándolle á zapatilla. Creo que o de gañarlle a Dani vai ter que quedar para outro ano!!

Saúde e quilómetros !!!

08/01/09

Empezo mal o ano.

Despois dun mes de decembro nada favorábel para min no que se refire á práctica deportiva, co inicio do novo ano semella que nada cambiou e todo segue igual ou peor, xa só me faltaba lesionarme e dito e feito, primeira saída a adestrar do ano e lesión!. Unha forte dor no lateral do xeonllo dereito que se me pon cando levo corenta minutos correndo, ímpideme iniciar a preparación das carreiras que teño en mente.

Despois de darlle descanso volvín a probar tres días despois e a dor volveu cando levaba corenta minutos correndo. Iniciei as indagacións do que me podía pasar mergullándome en internet e en cando puiden visitei á fisioterapeuta. As posibilidades : menisco, ligamentos ou cintilla iliotibial, e trala exploración á que someteu a fisio descartouse menisco e ligamentos e todo apunta á unha tendinite da cintilla iliotibial ou de algún tendón do xeonllo.

Dentro das causas posibles entra a de "unha mala elección do calzado deportivo".

O tratamento que me deu a fisio permíteme sair a correr, non máis de trinta minutos, para ir incrementando o tempo de carreira a medida que vaian remitindo as molestias, aplicación de cremas antinflamatorias, protexer a zona tibial cunha vendaxe compresora por debaixo do xeonllo e, por suposto, cambiar as zapatillas deportivas non descartando a posibilidade de facer unhas plantillas ortopédicas.

Despois desta consulta estou máis tranquilo, pola miña cabeza empezaban a pasar ideas pouco agradabeis. Descartada unha lesión maior que me impidira correr agora só me pasa pola mente a idea de tomalo con calma nos adestramentos e pensar en recuperarme ben.
Estou contento por que vou poder seguir saíndo a correr, aínda que só sexan trinta minutos por que é moito máis que nada!!.

Seguirei informando. Agora máis que nunca : Saúde e quilómetros!!!!

Recomendo a visita a este blog onde se aporta información sobre as lesiósn deportivas : El blog de Francisco Gilo

02/01/09

Lotería do Neno

Os Taninos temos postas as nosas esperanzas no seguinte número de Lotería:

90427

Xogamos un décimo os seguintes membros : Anxo, Dani, David, Edu, Roberto, Rubén, Tino e Xose.

Que haxa sorte!!!

Aproveito esta entrada para subir algunhas das fotos que tirei co móbil o día 31 na San Silvestre solidaria de Castrelos ( Vigo ), Unha festa do deporte que esta vez me tocou ver dende a barreira.









30/12/08

Fin de Ano

Esta vez non vou poder pechar o ano correndo a San Silvestre solidaria de Castrelos ( Vigo), o motivo : a gripe.
Dende que rematei a maratón en Donostia apenas saín a correr unhas seis veces xa que ben por descanso da maratón ou por enfermidade non puiden saír máis veces ( catarro, gastroenterite, gripe), menos mal que me veu todo xunto ao rematar a miña temporada e non me impediu cumprir os meus obxectivos deportivos!.
Era do meu gusto poder participar na San Silvestre para rematar correndo o que foi un moi bo ano deportivo. Levando a vista atrás non podo máis que estar satisfeito : fixen un tempo moi bo na Vig-Bay ( 1h. 28' 11'' ) fixen a miña primeira maratón en Madrid no mes de abril e rematei o ano coa segunda maratón facendo un tempo espectacular para as miñas posibilidades , no medio varias carreiras nas que baixei de 4 min/km como foi a de Santiago onde por primeira vez puiden subir a costa do Vite sen problemas e onde estiven a piques de poderlle ganar ao tanino Dani ( vaite preparando que na vindeira non te me escapas!!! queda isto como declaración de intencións para o vindeiro ano jajaja).
Foi un ano onde os Taninos nos reafirmamos como equipo nas carreiras e fóra delas. Xa temos equipaxe e chandal oficial, competimos como equipo na Vig-Bay, fixemos comidas e ceas, desplazamentos as carreiras en equipo... e sobre todo seguimos adestrando xuntos o que axuda e moito a conseguir éxitos nas carreiras.

No ano que entra espero poder seguir facendo o mesmo : correr, conseguir novos obxectivos e seguir contando cos Taninos para todo.

Xa que non vou a estar en condicións de correr ata a vindeira semana aproveito este blog para desexarlles a todos os Taninos e tamén a todos os que len este blog un feliz fin de ano e un novo ano cheo de éxitos deportivos e persoais, que se acabe a crise dunha vez e que poidamos desfrutar das carreiras a tope.

Por certo xa estou inscrito na Media de Viana do Castelo, animádeos!!

Feliz Ano a todos!!!

25/12/08

Novas zapatillas para un novo ano


Neste Nadal aproveitando os descontos que por efecto da crise económica que nos afecta están a ofrecer os negocios decidín comprar zapatillas novas. Estaba esperando á rebaixas de xaneiro pero vin este modelo nunha tenda e entrei a preguntar por elas. Polo precio que tiñan (antes da rebaixa) xa supuxen que non eran unha marabilla da técnica pero para sair a rodar tampouco son tan malas, así que as comprei e por suposto xa as estrenei e atopeinas cómodas, quizais un pouco duras, supoño que co uso xa se irán amolando.
Isto é o que di desta zapatilla a revista runners:

ZAPATILLAS
Asics Gel Oberon 2: calidad, precio y asfalto

La Gel Oberon 2 de Asics es una zapatilla idónea para aquellos que se aventuran a salir a correr ocasionalmente. Este modelo pretende mostrar su lado más técnico al público general consiguiendo un buen producto que patente la relación calidad-precio. Amortiguación, flexibilidad en un diseño elegante y formal.

Este producto de la temporada primavera / verano 08 ha adquirido el diseño y algunas tecnologías que integraba en la anterior campaña el modelo de gama superior, la Gel Cumulus de Asics. Esto ha permitido a la Gel Oberon 2 darse a conocer como una de las zapatillas más cómodas y eficientes de la gama active running de Asics.

La Gel Oberon 2 presume de llevar incorporada en la suela la tecnología avanzada de Ahar+. Gracias a este componente, este modelo tiene asegurada una prolongada durabilidad. También dispone de un sistema Trusstic capacitado para los corredores habituales. A través de esta tecnología se evitan numerosas lesiones que puede sufrir el corredor, dado que el puente rígido que cubre la parte central de la suela de la zapatilla proporciona una mayor estabilidad en la carrera.

La Gel Oberon 2 presenta unas magníficas prestaciones, lo que le permite cumplir con las expectativas de los corredores. Es una zapatilla que se ajusta muy bien a los corredores neutros y pronadores moderados, respectivamente. La Gel Oberon 2 se ha coronado en esta temporada como una zapatilla excelente y muy eficaz para los adictos al running.

23/12/08

Hai un ano.

Hai ano que empecei con este blog. Animado pola curiosidade que estas cousas sempre me provocaron, decidín facer este caderno de notas a xeito de diario. A razón que atopei para emprender esta aventura foi a preparación da MAPOMA 2008 que unha vez rematada deu pé a continuar con outras "aventuras" deportivas.

O balanzo é por suposto positivo, os "contos do corredor de fondo" converteuse nun lugar onde gardar os recordos, as anécdotas, as fotos ... e tamén un lugar de xuntanza dos Taninos que esperan as miñas crónicas de cada semana.

Pronto vai a empezar un novo ano, con novos retos deportivos no horizonte e este lugar seguirá informando dos meus progresos e tamén os dos demais Taninos que seguirán dando que falar.

Pronto empezaremos a preparar a Vig-bay e a Mapoma 2009 e haberá cousas que contar, de momento e como estamos en festas só me queda felicitar a todos os que me len, sexan coñecidos ou non, así que :

FELICES FESTAS E UN VINDEIRO ANO CHEO DE ÉXITOS !!!!



SAÚDE E QUILÓMETROS !!