20/11/17

XXXVI Maratón de Valencia (2016)

Hai tempo que non comento nin publico crónicas sobre as miñas carreiras, levo tantas que xa me parece aburrido escribrir sobre elas, pero hoxe toca facer unha excepción pois un maratón non se corre todos os días. Unha experiencia deste calibre supón unha fonte de experiencias, de vivencias, de esforzo persoal que ben merce escribir sobre elas.
Para os que esperan un ladrillo tranquilos vou facer unha brevísima crónica .
A miña carreira podería dividirse en dúas ben diferentes, unha ata o km 30 e outra do 30 á meta.
A primeira foi espectacular, sendo consciente de que foi a maratón peor preparada das sete que levo feito, saín convencido de que podía facer a marca de 3h 10 min. por iso me marquei o obxectivo de correr entorno a 4':30'' , agás o primeiro km fun quen de conseguilo. Ía moi cómodo, devorando quilómetros, ben, feliz, lixeiro, concentrado. No dezaseis adianto a Bernardo Duran Duran que ía lesionado, no vinte a Tino Antunez , tamén mancado, o primeiro remataría, o segundo xa pensaba na retirada ( unha mágoa). A partir da media contacto cun grupo que me levaría ata o 30, aquí empezou a outra carreira. As pernas empezaban a queixarse, aínda así podía seguir o meu ritmo. No 32 tomo o derradeiro xel , baixo un pouco o ritmo para poder tomalo e empezo a descolgarme do grupo. As pernas van como van, e as forzas empezan a ser as xustas, Agora os quilómetros parecen millas, empezo a ser superado por outros corredores, pouco máis adiante supero a Eladio Ucha Vidal, dime que vai con problemas estomacais que ten que ir parando a cada pouco, aínda así foi quen de rematar. Ata o km 40 máis o menos fun mantendo un ritmo digno, pero os derradeiros 2 km foron un querer e non poder, xusto onde hai máis xente no circuíto animando, un corredor humano que puña a pel de galiña. A entrada na cidade das Artes espectacular. Chego a meta nun tempo oficial neto de 3 horas 11 minutos e 54 segundos. Despois veu o mellor, atoparse cos compañeiros de fatigas Eduardo Pino Martinez radiante coa súa MMP e Dani Porto Pedrosa que a pesar de estar lesionado rematou a maratón nun maís que dignísimo tempo.
Que terá a maratón? cando é a vindeira?