15/02/09

III Intersport Porriño 2009

Aquí tedes as primeiras fotos que puiden subir da III Intersport do Porriño.


III Intersport Porriño 2009


Unha mañán expléndida para correr. Un pouco de frío a primeira hoar da mñán pero á hora na que comenzou a carreira luciu un sol marabilloso que quentou un chisco o ambiente.
Foi unha carreira rápida a pesar da gran cantidade de participantes e das rúas estreitas polas que as veces se pasaba. Nun circuíto de 2, 5 Km. no que había que dar catro voltas, apriori e dada a participación prevista, temiamos que a carreira non fose tan rápida como se anunciaba.
En canto aos resultados ( que podedes ver aquí) creo que todos os Taninos quedaron moi satisfeitos xa que melloraron as súas marcas persoais, a pesares de estar en plena preparación para metas maiores. Tino sen adestrar series se mandou un 37', a menos de 40'' entraron en meta Sito e Edu, David por fin baixou dos 40' (39':17'' ) con que xa cumpriu cun dos seus retos para este ano.
Pola miña parte sigo co meu plan de recuperación. Esta semana conseguín por primeira vez correr 45' sen parar e sen apenas molestias. Con estas sensacións decidín participar na carreira coa intención de dar dúas ou tres voltas. Ao final foron tres pero deberían de ter sido dúas!. O día anterior fixera os 45' antes mencionados e o domingo pesaron sobre o meu xeonllo danado. Xa na primeira volta empecei a notar molestias pero o ambiente era tan bonito que me deixei levar ( as molestias eran iso: molestias e non ían a máis). Estabao a pasar ben, disfrutando do sinxelo feito de correr e vendo dende dentro a carreira e outro xeito de sentir unha carreira. Na terceira volta empezaronme a dobrar os Taninos e ao dar o terceiro paso por meta decidín que o máis prudente era parar e seguir desfrutando do ambiente.
Ao rematar puidemos departir con outros corredores amigos e coñecidos, cada un conta como lle foi que sensacións tivo, anécdotas, etc e isto gústame moito, non todo é correr.

Non sei aínda as consecuencias desta tolemia para a miña recuperación,non sei se será moi conveniente o que fixen pero o necesitaba, necesitaba volver a estar no ambiente de carreira, só polo ben que me sentou esta mañán de puro atletismo popular ten que ser bo, polo menos para o espíritu.
A verdade é que boto moito de menos poder disputar unha carreira en condicións. Hoxe dinme conta tamén do moito que me falta para recuperarme totalmente e só me queda tomalo con calma seguro de que o día que poida competir en plenas facultades vou a desfrutar a tope!!!
Aviso a navegantes! penso dar moita guerra aínda.
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

SAÚDE E QUILÓMETROS!!!!

5 comentarios:

Tino dixo...

Empeza a ser preocupante o caro que está o posto de Director Tecnico...

Vamos Dani, que a próxima é o teu turno.

Noraboa a todos.

Saude e quilometros.

Tino dixo...

Por certo, o de Edu non vos recorda a unha canción: "TEATRO, LO TUYO ES PURO TEATRO", jajajaja

Xose Carrera dixo...

Hai moito, moito teatro! Algúns valen máis do que din. Menos malq eu a"patata" non funciona, se chegase a funcionar!! Dani Bargiela estaría tremendo jajaja.

Anónimo dixo...

...si, si, moito teatro hai..."eu vou tranquilo, a ver como me sinto, relaxado, non é este o meu obxectivo, estou corto de preparación,..."
T-E-A-T-R-O!!
anxo

Xocas dixo...

¡Vaia cos Taninos! Os vin o comenzo da carreira (e se estivese atento, seguro que varias veces durante os adiantamentos).
Paréceme que fixeches ven ó tomalo con calma. É mellor ir pouco a pouco que recaer por completo.