23/12/08

Hai un ano.

Hai ano que empecei con este blog. Animado pola curiosidade que estas cousas sempre me provocaron, decidín facer este caderno de notas a xeito de diario. A razón que atopei para emprender esta aventura foi a preparación da MAPOMA 2008 que unha vez rematada deu pé a continuar con outras "aventuras" deportivas.

O balanzo é por suposto positivo, os "contos do corredor de fondo" converteuse nun lugar onde gardar os recordos, as anécdotas, as fotos ... e tamén un lugar de xuntanza dos Taninos que esperan as miñas crónicas de cada semana.

Pronto vai a empezar un novo ano, con novos retos deportivos no horizonte e este lugar seguirá informando dos meus progresos e tamén os dos demais Taninos que seguirán dando que falar.

Pronto empezaremos a preparar a Vig-bay e a Mapoma 2009 e haberá cousas que contar, de momento e como estamos en festas só me queda felicitar a todos os que me len, sexan coñecidos ou non, así que :

FELICES FESTAS E UN VINDEIRO ANO CHEO DE ÉXITOS !!!!



SAÚDE E QUILÓMETROS !!

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Noraboa polo blog e Bo Nadal!!

Fernando dixo...

A ver si te animas e vas trotar un pouco o 31 a Castrelos.
... e cando queirades rodar por Salvaterra, eiqui estou.

Eu xa estou de cheo preparando a miña X Vig-Bay e o meu 8 maratón.

Unha forte aperta e Feliz Aninovo !!!

Xose Carrera dixo...

calro que estarei por Castrelos o 31!! non faltei a ninghuna edición dende que empezarona a facer esta peculiar proba.

se non nos vemos antes
Bo Nadal!!

zapatilla veloz dixo...

Muchas felicidades para todos los Taninos, aunque mejor será hacerlo en persona, degustando unos "taninos embotellados" el próximo 31, y asi brindar por que se cumplan los objetivos.

Feliz Navidad¡