23/02/09

Un paso atrás

Que mala é a impaciencia. Esta semana volvín a sentirme corredor, puiden facer dúas saídas sen molestias a primeira de 50 min. a segunda de 40. En case dous meses foi a primeira vez que non sentía dor na carriera. Isto animoume a seguir “progresando” e empezar a facer o “conto da leiteira”  que si reaparecer na carreira de Padrón, que si correr a Vig-Bay en 1:35’ polo que na saída do sábado e despois de ter feito 25’ sen molestia algunha decidín dar un salto e animarme a facer un cambio de ritmo. Mentres os demais Taninos facían unha proba de dez quilómetros eu pretendía facer catro ou tal vez cinco, que iluso!. Cando levaba un qm. empecei a notar molestias que pouco a pouco foron aumentando obrigándome a parar cando só levaba tres quilómetros. A dor volvía  a ser similar a de hai un mes polo  que tiven que regresar  a miña casa andando.

Estiramentos, ducha, xeo foi o seguinte que fixen ao chegar a casa.E ademais da dor que regresou ao meu xeonllo tamén  moitas doses de  “mala leche “ por ter cometido outro erro de principiante e é que non aprendemos!

Na próxima saída farei unha valoración de danos e tomarei unha decisión sobre o meu futuro próximo no mundo das carreiras e como son dos que pasa no branco ao negro en décimas de segundo, agora penso que este ano vou ter que estar na Vig-Bay pero na beirarrúa de animador.

Saúde e quilómetros!!

 

15/02/09

III Intersport Porriño 2009

Aquí tedes as primeiras fotos que puiden subir da III Intersport do Porriño.


III Intersport Porriño 2009


Unha mañán expléndida para correr. Un pouco de frío a primeira hoar da mñán pero á hora na que comenzou a carreira luciu un sol marabilloso que quentou un chisco o ambiente.
Foi unha carreira rápida a pesar da gran cantidade de participantes e das rúas estreitas polas que as veces se pasaba. Nun circuíto de 2, 5 Km. no que había que dar catro voltas, apriori e dada a participación prevista, temiamos que a carreira non fose tan rápida como se anunciaba.
En canto aos resultados ( que podedes ver aquí) creo que todos os Taninos quedaron moi satisfeitos xa que melloraron as súas marcas persoais, a pesares de estar en plena preparación para metas maiores. Tino sen adestrar series se mandou un 37', a menos de 40'' entraron en meta Sito e Edu, David por fin baixou dos 40' (39':17'' ) con que xa cumpriu cun dos seus retos para este ano.
Pola miña parte sigo co meu plan de recuperación. Esta semana conseguín por primeira vez correr 45' sen parar e sen apenas molestias. Con estas sensacións decidín participar na carreira coa intención de dar dúas ou tres voltas. Ao final foron tres pero deberían de ter sido dúas!. O día anterior fixera os 45' antes mencionados e o domingo pesaron sobre o meu xeonllo danado. Xa na primeira volta empecei a notar molestias pero o ambiente era tan bonito que me deixei levar ( as molestias eran iso: molestias e non ían a máis). Estabao a pasar ben, disfrutando do sinxelo feito de correr e vendo dende dentro a carreira e outro xeito de sentir unha carreira. Na terceira volta empezaronme a dobrar os Taninos e ao dar o terceiro paso por meta decidín que o máis prudente era parar e seguir desfrutando do ambiente.
Ao rematar puidemos departir con outros corredores amigos e coñecidos, cada un conta como lle foi que sensacións tivo, anécdotas, etc e isto gústame moito, non todo é correr.

Non sei aínda as consecuencias desta tolemia para a miña recuperación,non sei se será moi conveniente o que fixen pero o necesitaba, necesitaba volver a estar no ambiente de carreira, só polo ben que me sentou esta mañán de puro atletismo popular ten que ser bo, polo menos para o espíritu.
A verdade é que boto moito de menos poder disputar unha carreira en condicións. Hoxe dinme conta tamén do moito que me falta para recuperarme totalmente e só me queda tomalo con calma seguro de que o día que poida competir en plenas facultades vou a desfrutar a tope!!!
Aviso a navegantes! penso dar moita guerra aínda.
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

SAÚDE E QUILÓMETROS!!!!

08/02/09

Asómase unha luceciña.

Isto empeza a mellorar. Por fin puiden sair a correr. Non foi unha marabilla, teño moitas molestias e teño que parar aos 20' para estirar e impedir que a zona dolorida se me cargue de máis, pero volvo sair a correr!.
Saín a correr o martes, xoves e sábado incrementando 5' cada día o tempo de carreira. Entre os dez e quince min. de carreira empezo a notar molestias no entorno do xeonllo pero xa non é no mesmo sitio, agora é máis "muscular"e menos na inserción do músculo co xeonllo.
Sobre o tema das plantillas xa tomei unha decisión: non as vou facer. Despois de consultar cos amigos que as teñen ( uns a favor outros en contra) e sobre todo tralos consellos dun médico da miña confianza a decisión está tomada, as razóns son que pórme agora unhas plantillas suporían un periodo longo de adaptación a elas, que o meu corpo xa está habituado ao xeito de pisar e polo tanto adaptado ás miñas condicións biomecánicas, de feito un detonante da lesión foi ter cambiado as zapatillas e a mecánica do meu correr. Como creo que teño a lección ben aprendida comprei unhas zapatillas novas e esta vez non fixen experimentos co modelo e inclineime outra vez polas Mizuno Elixir 3 , os experimentos con gasosa!!

Esta semana repetirei días de adestramento en compañía , se a chuvia no dá unha trégua, do meu amigo Álvaro que está facendo un esforzo grande para acompañarme na miña recuperación.

O domingo hai carreira no Porriño e alí iremos os Taninos, uns a competir, outros de apoio técnico, alí estaremos dando guerra e disfrutando do ambiente das carreiras e que tanto boto de menos.

Saúde e quilómetros!!

01/02/09

Nin arre! nin xo!

Despois de vinte días totalmente parado e varias sesións de fisioterapia saín a correr co a esperanza de notar melloría na miña lesión pero non, nada de melloría, aos dez minutos de empezar a dor volveu, no mesmo sitio e coa mesma intensidade. Empezo a estar canso, non quero perder as esperanzas pero o que máis me incomoda é non saber concretamente que é o que teño, que tratamento debo seguir, que tempo de recuperación é o esperado para así poder mentalizarme do que me espera.
Tan aburrido estou que practicamte deixei de facer os exercicios de musculación, a min non me gusta "facer musculiños" o que me gusta é correr!, todo o demais é accesorio e estaría disposto a sacrificarme se vise resultados e agora non é o caso. De todos os xeitos son consciente da necesidade de fortalecer outros músculos que a carreria precisa, polo que pola miña cabeza está a pasar a idea de meterme nun ximnasio para obrigarme a facer os execrcios de musculación.

O tema das plantilas queda aparcado de momento, teño outra prioridade agora que é recuperarme, despois xa verei o que fago. De momento teño cita co osteópata a ver se dá co problema.

Saúde e quilómetros.