08/02/09

Asómase unha luceciña.

Isto empeza a mellorar. Por fin puiden sair a correr. Non foi unha marabilla, teño moitas molestias e teño que parar aos 20' para estirar e impedir que a zona dolorida se me cargue de máis, pero volvo sair a correr!.
Saín a correr o martes, xoves e sábado incrementando 5' cada día o tempo de carreira. Entre os dez e quince min. de carreira empezo a notar molestias no entorno do xeonllo pero xa non é no mesmo sitio, agora é máis "muscular"e menos na inserción do músculo co xeonllo.
Sobre o tema das plantillas xa tomei unha decisión: non as vou facer. Despois de consultar cos amigos que as teñen ( uns a favor outros en contra) e sobre todo tralos consellos dun médico da miña confianza a decisión está tomada, as razóns son que pórme agora unhas plantillas suporían un periodo longo de adaptación a elas, que o meu corpo xa está habituado ao xeito de pisar e polo tanto adaptado ás miñas condicións biomecánicas, de feito un detonante da lesión foi ter cambiado as zapatillas e a mecánica do meu correr. Como creo que teño a lección ben aprendida comprei unhas zapatillas novas e esta vez non fixen experimentos co modelo e inclineime outra vez polas Mizuno Elixir 3 , os experimentos con gasosa!!

Esta semana repetirei días de adestramento en compañía , se a chuvia no dá unha trégua, do meu amigo Álvaro que está facendo un esforzo grande para acompañarme na miña recuperación.

O domingo hai carreira no Porriño e alí iremos os Taninos, uns a competir, outros de apoio técnico, alí estaremos dando guerra e disfrutando do ambiente das carreiras e que tanto boto de menos.

Saúde e quilómetros!!

4 comentarios:

Anónimo dixo...

...tempo, tempo, necesitabas tempo de descanso e iso, os experimentos con jaseosa!!
anxo

Sofa veloz dixo...

Joder, chega o bo tempo, deixa de diluviar...e non podo acompañarte a correr.....sintoo, meu. Espero poder acompañarte pronto

Francés dixo...

Hola amigo

Soy el frances de villasobroso, después de romperme literalmente la vaina que cubre el tendón de aquilesen septiembre, he decidido y voy a correr la maratón de Rotterdam. Llevo km ya a ritmos patateros, pero bueno, por lo menos estoy corriendo con alguna molestia. he empezado hacer vida normal con unas plantillas y a ver si me dan más fuerza para seguir.

Total, que cuando estamos en el dique seco, valoramos mucho cuando estabamos corriendo y cabrearse por no bajar de una marca nos ayuda a superarnos. Pero si estamos lesionados... mejor ir poco a poco.

Solo desearte que te recuperes.


Saludos desde las vistas del castillo

Xose Carrera dixo...

Home Jose Luis!! que boa noticia saber de ti! había tempo que non tiña noticias túas.
Alédame que sigas correndo, pensei que te retiraras do mundiño das carreiras.

Aquí me vés tentando sair desta lesión que me ten no dique seco, espero atoparme contigo nalgunha carreira.

Saúdos