27/12/07

Empezamos!

Este blog pretende ser un diario da miña preparación para correr o 27 de abril a Maratón de Madrid. Despois de máis dun ano practicando este deporte, despois de ter corrido catro Medias Maratóns, unha carreira de doce quilometros, cinco dez miles, un par de seis miles, e incontables quilómetros de adestramento, chegou o momento de pensar en retos maiores.

Aquilo que empezou como non quere a cousa, case sen querer, como un reto persoal, agora é unha ilusión, máis que iso, é un "vicio". Empezouse coa meta de facer unha Media Maratón, despois foi a de mellorar marcas e agora ... a pola Maratón! e que mellor que empezar pola de Madrid, según comentarios a mellor para empezar, por varios motivos: polo trazado, pola organización, pola cantidade de xente que acude a esta chamada e sobre todo por que non vou a ir so.
Nestes dezaseis meses de adestramentos e carreiras xuntámonos un grupiño de amigos e xuntos compartimos asfalto, chuvia, vento, frio, calor... xuntos faremos tamén a MAPOMA, sen pretensións, so queremos rematar a carreira dignamente, é a primeira, xa haberá outras Maratóns para baixar marcas.

Esta rematando o ano 2007, e xa hai que pensar en planificar os adestramentos, sobre isto e outras cousas que vaian xurdindo irei informando.
Saúde e quilómetros!!