17/04/08

Vaia susto!

Tanino Tino. preparándose na Vig-Bay

A semana de adestramentos empezou o luns cunha rodaxe de 70' suave. O mércores fixemos series (2x6000), tratábase de facer un test para poder comprobar a que ritmo poderiamos facer a Maratón que consiste en realizar o primeiro seis mil ao ritmo previsto de carreira e o segundo seis mil a tope, según sexa a diferencia en segundos por quilómetro entre a primeira e a segunda trasládase a unha táboa que establece unha maraca posible e outra probable.
Todo ía moi ben. Baixo unha choiva de "carallo" fixemos a primeira serie en 26:45, despois de 90'' de recuperación empezamos a segunda a un ritmo de 4:01 min/km, pero camiño do terceiro quilómetro empecei a notar o isquiotibial dereito que se me cargaba moito, a rtensión medraba a cada zancada nun punto concreto da perna, e os medos a unha lesión fixeron acto de presencia. Pasei polo 3000 en tempo (14':02'') , pero como a dor non remitía fixen o que máis sensato me parecía : parar!. Baixei o ritmo pouco a pouco ata chegar ao trote e cando os meus compañeiros remataron a serie ( 23':45'') estiramos un pouco e regresamos a casa trotando.
Xa na casa seguín estirando, apliquei frío na zona coa ducha e antes de meterme na cama una anti-inflamatorio. Estaba tan preocupado que todos os posibles remedios que se me íasn ocurrindo os puxen en práctica. O xoves pedín cita no fisio e díxome que era unha inicio dunha contractura aplicoume unha vendaxe neuromuscular e por suposto recomendoume baixar o pistón.
Seguindo as reconmendacións da miña fisioterapeuta Andrea, o sábado descansei (non me costou nadiña co que chovía!!!) e o domingo saímos todos os Taninos ( excepto Rubén) coa compañía de José Luis ( que non nos debe gardar rancor polo "machaque" que lle metimos o domingo anterior por que decidiu voltar a sair con nós).Fixemos 90' suaves e non tiven ningunha molestia polo que parece que todo quedou nun susto.
Queda menos de sete días para a Maratón e a vindeira semana sairemos a adestrar o martes e o xoves, rodaxes de 60' para estirar as pernas. Só resta descansar,alimentarse ben e preparar a loxística de viaxe.
Por certo deixo aquí a ligazón para ver o FOLLETO MAPOMA para facero seguimento da maratón
Saúde e quilómetros!!
Pa ir ambientando aquí deixovos un video

3 comentarios:

Bestiario dixo...

Holahola

Pues después del paseo que me dí el sábado de más de 50 minutos a 155 ppm con Miguelito Abreu por los caminos fangosos y llenos de barro a lo largo del rio Tea y su desembocadura, salir ayer con vosotros fue todo un relax.

Se notó que pedí ese miedo y me ponía en cabeza en esas tremendas subidas, aunque más de uno me quiso meter el miedo en el cuerpo con la "matahombres".

Para cuesta, si un día mis valientes quieren, podemos aparcar los coches en el portal de abajo del castillo y hacer un circuito de casi 10 km que es un verdadero quebranta piernas.

Saludos y mucha fuerza y suerte para Madrid.

Anónimo dixo...

Ánimo a todos!!

Creo que nunca pensei que diría que sinto envexa duns tíos que se machacan baixo calquera condición atmosférica correndo sen parar, tragando quilómetros, sufrindo!!!, ...

En fin, ánimo a todos no obxectivo proposto que, creo, a estas alturas, xa está conseguido.

Un saúdo,
anxo

Anónimo dixo...

Moi rapaces.
Xa está todo feito, agora a disfrutar da maratona, que é unha auténtica gozada.
Afortunadamente vou estar ensaiando todo o Domingo, e así non lembrarei que eu non vou estar en Madrid.

Espero recuperar a miña resistencia para ddentro dun par de meses, si o ferro a, a vitamina C e as carnes roxas fan efecto.
Entón estarei listo para volver a por outro maratón.

Xose, tenta relaxarte estes días e non penses en molestias nin nada parecido. Durme ben o Venres, que o Sábado non vas poder, e disfruta muito.

Noraboa por adiantado a todos.

Fernando A.