29/04/08

Obxectivo Cumprido!!!

Os Taninos Runners en Meta

Aínda coas pernas magoadas e o espiritu alterado polas emocións, chegou o momento de facer a crónica desta aventura. Non acostumo a tardar tanto en facer as crónicas pero é que esta carreira foi especial e precisaba asentarme un pouco antes de pórme a escribir.
Tan especial como que era a primeira vez que nos enfrentabamos a unha distancia mítica, sempre fora un soño para min podela facer ( aínda recordo hai catro anos, durante as olimpiadas de Atenas, vendo a proba da Maratón na casa de David, lle comentara que era un dos meus desexos podela correr algún día).

Do día previo destacou a visita á feira do corredor, onde recollimos o dorsal e nos deron a camiseta conmemorativa e outros agasallos, a foto con Chema Martínez que sería o vencedor na proba, e a comida da pasta compartindo mesa con miles de corredores.
Con Chema Martínez

O día da carreira tocou madrugón ás 6 da mañán estaba a pé ( desperto levaba horas!). As 7:30 saímos do Hotel Mónica, David e eu destino Praza de Colón onde quedaramos con resto dos Taninos, Taninas e Taninitos. Chegamos as 8:15, últimos preparativos, visitas aos baños, fotos e listos para situranos na saída.

Ás 9:00 Deuse a saída. Saímos todos xuntos Castellana arriba, Edu no seu papel, ía animando a cousa, ao paso dos quilómetros iamos collendo o ritmo. Antes do km 10 primeira parada "tecnica" que descompuxo o grupo dos Taninos, pero as forzas aínda estaban enteiras para que nos puidesemos reagrupar. De tal xeito pasamos polo Km 10 (49':00'').
No 12 segunda parada, cando tiñamos o globo-guía das 3:30' enfronte nosa, esta parada xa desfixo o grupo. Edu e Tino foron por diante e os demais quedamos atrás para reagruparnos no Km 15. Este tramo foi o máis impresionante da carreira: baixada de Fuencarral, Gran Vía, Sol, Calle Mayor, Palacio Real. A xente abarrotaba as beirarrúas aplaudindo, a música de " carros de fuego" polos altavoces dunha casa, unha charanga na Porta de Sol, os berros de ánimo... puñan o pelos de punta.
Chegamos ao km 20 todo ben, parada técnica de Rubén e Dani, separámonos un pouco para xuntarnos xa no 24 ( dentro da casa de campo) cando paramos David máis eu, pasando o 25 con moi pouca distancia entre o noso grupo e o dos irmáns Porto; Edu e Tino ( según as informacións de Mónica levaban xa 4' de vantaxe),neste adiantame un grupo de corredores do club de atletismo de Vigo e dámonos ánimos mutuamente.
Km 30 saímos da Casa de Campo e aquí empezaron os problemas para min. Ía por diante de David medio minuto e noto que se me carga o basto interno da perna esquerda polo que decido aflouxar o ritmo ( como íamos por debaixo do tempo previsto non había problema),Doume conta de que non tomei o segundo xel enerxético e xa non teñó auga na man, teño que esperar ao seguinte fornecemento de auga, miro para atrás e espero por David, pero tampouco debe ir moi ben por que non me dá collido, recupero un pouco, paso polo Vicente Calderón, pégase a min un corredor de Madrid que decide continuar comigo, comentame que me leva seguindo hai rato e que eu son a súa referencia, agradécese ir en compañía. Vou ben dentro do que cabe, non teño medo ao famoso muro pois estou desfrutando da carreira e levo un ritmo cardiaco bo.

Km 35, acabouse o que se daba!, sen previo aviso calambre no xemelgo dereito, teño que baixar o ritmo ata case parar, corro sobre o talón para que non se me siga subindo, aproveito o paso dun sanitario para que me bote reflex, enseguida noto que o xemelgo se recupera e continúo. Pásame Dani como unha moto e informarme de que Rubén e David van xuntos por detrás.

Km 37 calambres no xemelgo esquerdo de novo teño que parar e busco desesperadamente aos do Reflex, cando mo botan cálmame a dor pero non son capaz de recuperar, están tan danados os xemelgos que teño que correr sobre os talóns. Sobra decir que o tempo de final de carreira xa non me importa o que me preocupa é chegar a meta ( non fun a Madrid para retirame cando faltan 5 quilómetros!!). Para máis dificultade o recorrido final é de continuas subidas, miro ao redor e os rostros son de sufrimento, de xenreira, de desesperación, de dor non son o único que sufre, pero tamén hai os que suben como foguetes como o caso de Rubén que me adianta no quilómetro 40,5 párase un pouco comigo e lle digo que tire que xa queda pouco.

Km 41, remata a durísima subida paralela á liña de meta no Retiro vexo unha pancarta que di:" si puedes con esto puedes con todo" non sei se será certo pero animoume un montón.
Entrada no Retiro, restan 500 metros, hai mogollón de xente animando, é espectacular pero teño tanta dor nas pernas que non podo disfrutalo como quixera. A 50 metros de meta alcanzame David e entramos en Meta xuntos. Acabouse o sufrimento! 3 horas 42 minutos 42 segundos.

Chegada a Meta ( o que costou!)

Xa vexo ao resto dos Taninos, Edu esta exultante de alegría, sóbranlle forzas, tanto que non mide a súa efusividade e nós non estabamos para festas. Non podo nin sentarme, nin facer estiramentos, quero beber, sentarme que alguén me quite esta sensación de agotamento e dor!!. Pouco a pouco vou recuperando, aínda que ata que non cheguei ao hotel , me duchei e puxen bolsas de frío nas pernas non era persoa.

Xa está, esta é a crónica da carreira, puiden facela doutro xeito, contar outras anecdotas que pasaron en carreira e fóra dela, pero isto suporía unha crónica demasiado longa e tediosa, e ademais algo ten que quedar para podelo contar en persoa diante dunha mesa e un bo viño.

Mención especial para a sección de animadores : A Mónica , Ana, Olalla, Ana e Dani pequeno , Mónica e as súas fillas Alba e Laura e ao pequeno Edu, a Roberto e Cristina ( irmán e prima de Edu), a Leticia e o seu mozo, a Cristina ( amiga de Dani e Ana) e o seu mozo e tamén a Rocio e a Fontán, grazas polos ánimos, por seguirnos por Madrid adiante correndo polo Metro para chegar aos sitios a tempo. Se me queda alguén no tinteiro que me deculpe.
Grazas aos que animaron dende a distancia, aos que estiveron pendentes de nós e que se acordaron de que tiñan a uns amigos tolos correndo polas rúas de Madrid un domingo de abril.

Para rematar unha cousa máis : O vindeiro ano volvo e voume vingar do quilómetro 35!!!!

SAÚDE E QUILÓMETROS!!!!

5 comentarios:

Bestiario dixo...

Holahola

joer, hace 4 minutos que he leido y releido la crónica y aún tengo los pelos de punta... ¡QUIERO HACER UNA MARATÓN!, es más, ya estoy viendo una para noviembre (Florencia) y otra para abril (Paris).

Si te acuerdas, cuando nos despedimos aquel último domingo de lluvia, tu comentario fue de que me animara hacer una y prepararla. Pues bien, lo has conseguido, lo que mis correcolegas de Athletic no han logrado tu lo has hecho.... alguien te va odiar...jejejeje.

Felicidades a todos.

Saludos

Anónimo dixo...

Noraboa a todos!
Eu non me vou animar a correr nin unha media maratón, pero alégrome de que vos o disfrutedes!

E xa sabedes, esta só foi a primeira. Hai moitas máis maratóns e medias maratóns polo mundo adiante, que por un lado vos permiten facer turismo e por outro cultivar o voso vicio!

Teño entendido que se poden correr entre 3 e 4 maratóns ao ano sen poñer en risco a saúde, así que xa sabedes, a polo seguinte obxectivo!

Noraboa de novo
Martiño.

danis dixo...

ES VERDAD QUE LA EXPERIENCIA HA SIDO IMPRESIONANTE, INOLVIDABLE Y SOBRE TODO CUANDO ENTRAS EN LA META Y TE ACUERDAS DE TODOS ESOS ENTRENOS BAJO LA LLUVIA, EL FRIO, LOS PARTIDOS DE CHAMPIONS NO VISTOS...EN GENERAL DE TODO EL ESFUERZO DE ESTOS CUATRO MESES.
PERO LOS TANINOS SOMOS ASÍ!!!!
TAMBIEN ME APUNTO A LOS AGRADECIMIENTOS A TODOS LOS ACOMPAÑANTES Y AMIGOS PERO SOBRE TODO A ANA Y DANI JR. POR AYUDARME Y ACOMPAÑARME TODOS LOS DIAS EN ESTA LOCURA QUE TAN ENGANCHADO ME TIENE.
CUANDO ES LA SIGUIENTE MAPOMA????
J J J

POR CIERTO, TENGO PRETENDIENTES PARA SER TANINOS, SUPERARÁN LA PRUEBA?

SAUDE E QUILOMETROS TANINOS.

Anónimo dixo...

Quero dar a miña noraboa ós taninos, en especial a Xose e David.
Cando hai un tempo empezaron a entrenar para ir correr nas carreiras pedestres dos arredores, non pensei que o tomarían tan en serio.
A min non me gusta correr, pero paréceme que ir alcanzando os obxectivos que se foron marcando ata chegar a correr unha marathon, son un exemplo de constancia e sacrificio que ademáis motiva subindo a autoestima para lograr outros moitos obxectivos na vida.
Todo isto conseguindo crear un "equipo" nun deporte a priori tan individualista, paréceme de quitar o sombreiro.
Así que rapaces, dende a miña perspectiva axena a ese mundo inventado polo taninos, vaia a miña sinceira noraboa e os meus ánimos para continuar facendo kilómetros e kilómetros de tantas cousas.
A ver si para a próxima podo ir animarvos!!
CF

Zapatilla Veloz dixo...

primero, una puntualización: después de tantos parabienes he decidido retomar mi apelativo de "zapatilla veloz" que quedó en entredicho en la Vig-Bay.

Por lo demás apenas me queda algo por decir, porque ya lo habéis dicho y por cierto muy bien.

Yo tambien tengo mis particulares agradecimientos que son los mismos que los de los taninos en general, pero con mención especial para Mónica, porque entre esto y la crisis de los ladrillos me estoy volviendo un poco monotemático y ahí esta ella para darme ánimos para seguir.
Por cierto se buscan voluntarios entre la cohorte de seguidores para ir a correr la San Silvestre de Castrelos el último día del año, que es toda una fiesta. Ahí queda el reto¡

En definitiva que estoy contento de formar parte de esta "Familia Tanina".

Buen rollo para todos/as

David