06/04/08

IX Media Maratón Vig-Bay

Crónica de alcance.



Xa está,xa rematou por este ano e só podo decir que na parte persoal, todo saíu moi ben. Rebaixei a miña marca persoal na Vig-Bay en máis de 11' e nas medias maratóns en máis de 5'. Con estes resultados que máis se pode pedir? O listón queda moi alto.
Queda pendente unha crónica da semana e da carreira que farei cando me recupere do cansanzo e das emocións. De momento só podo dicir grazas! a todas e todos polo voso ánimo tanto aós que fixestes o esforzo de virdes ata Samil e Baiona,como aos que dende a distancia tamén nos apoiaron.
Deixo a ligazón dos resultados provisionais:

Resultados IX Media Maratón Vig-Bay

Postos dos Taninos Runners:
Dani: 250
Edu: 287
Tino: 326
Xosé M.: 358
David: 759

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Pum,pum... é aquí onde se contratan managers? Podo mandar o meu cv? Noraboa ós corredores.

Anónimo dixo...

Xa cho dixen onte, pero reafirmome na miña noraboa para tí e o resto de Taninos.
Moi boa preparación e moi bos resultados.
Agora xa podes machacar a miña marca de Maratón.
A por todas en Madrid.
Unha aperta.

Fernando Abreu

Xose dixo...

Moitas grazas polas felicitacións.A verdade é que non esperaba baixar tanto os meus tempos, pero todos os que sabedes dos meus adestramentos e tempos fixestes un labor de concienciación que me levou a ser máis valente nesta carreira e os resultados están aí.
Agora a pola MAPOMA,iso xa son cousa maiores!
Un saúdo.