18/01/10

Faltan sete semanas

Semana dura polos adestramento esixentes e pola climatoloxía. Empecei o martes coa rodaxe de once quilómetros pensando que o problema dos xemelgos estaba superado, pero ao día seguinte seguía con certas molestias o que me levou a facer as series do mércores cun pouco de temor, molestábame ao iniciar a carreira pero aos poucos metros xa non tiña molestias. Con isto fixen seis series de mil metros entre 4:10 e 3:31.

Como as molestias en frío seguían, probei un tratamento con electromusculación ( Compex) na opción descontacturante o xoves e o venres, saltándome o adestramento do venres. Non sei se foi o tratamento, o descanso ou as dúas cousas pero as molestias desapareceron por completo e o sábado puiden facer as cinco series de dous mil ( de 8:35 a 7:31 ) e o domingo unha tirada de máis de vinte dous quilómetros ( 1:45:00) no circuíto de A Canuda se problemas nin molestias.

Nesta última tirada atopeime moi ben. A primeira hora foi a un ritmo medio de 5':15'' e seguinte media hora a ritmo de 4':15'' para rematar os derradeiros 15 minutos a ritmos por debaixo de 4'.

A seguinte semana está marcada pola realización do primeiro test : a Media Maratona Manuela Machado en Viana do Castelo ( Portugal). Espero desfrutar da carreira e sair dela con boas sensacións.

Sobre a equipaxe nova dos Taninos só falta probar a tallaxe e facer o encargo por que o deseño xa foi aprobado na "asamblea Tanina" celebrada o sábado.

Saúde e quilometros!!.

4 comentarios:

Carlos Sousa dixo...

Ola, que casualidade atopeite buscando no google, isto da rede é un pano...
Estiven ollando as túas entradas e recoñezo que sodes uns portentos. Dende logo ten que gustarvos moito para pasar un domingo facendo 22 quilometros. Eu cun partidiño de fútbol sala os sábados xa teño de carallo, jeje.

O que máis me chocou, foi ver que tiñas enlazado o meu blog no teu. Eu que pensei que non me lía nadie de por aquí...

En fin, que teñas sorte neses retos que tes, e saúde e quilometros.

Fernando dixo...

Ei rapaz:
Non te contestei a mensaxe de o Sábado xa que quedara de facer o largo da semana cos compañeiros do CARMA por Vigo, e ademais eles levan un ritmo mais axeitado para min, que vos ides coma foghetes e eu fixera 2200m de piscina o Sábado e andaba bastante canso.
Vémonos en Viana a ver como están esas pernas para Barcelona.
Apertas

Xose dixo...

Ola Carlos. Eu tamén atopei o teu blog fuchicando por internet e gustoume que ademais de deporte fagades referencias a outros temas do noso pobo.
Un saúdo dende a vila.

Amigo Fer,xa supuxen que non estarías por Salvaterra cando non me contestaches. Verémonos en Viana se todo vai ben.
A por Barcelona!!

Agüita dixo...

Eu tamen irei a Viana e a Barcelona, ainda que a outros ritmos, aledome de que as molestias dos xemelgos desapareceran, vas moi forte.
vemonos, un saudo