05/01/10

Contracturado

O que me temía! as molestias no xemelgo esquerdo son debidas a unha contractura ben gorda. Visitei a miña fisioterapeuta e confirmou a diagnose. Ademais o xemelgo dereito tamén está tocado, de feito cando mo tratou a dor era similar ao xa danado.

A día de hoxe a dor é menor, xa podo andar sen molestias o cue me fai ser optimista pero de todos os xeitos creo que debo ser conservador e non arriscar.

En definitiva hai que parar para recuperarse ben, descansarei esta semana para tratar de empezar a trotar na fin de semana e como consecuencia a miña participación na carreira de Xinzo de Limia é máis que dubidosa, creo que o máis convinte será non arriscar e sustituir unha carreira en asfalto por un trote sobre terra.

A recuperarse toca!

3 comentarios:

banderas dixo...

Sabia decisión, pequeno besbello... como diría o mestre de Kung-Fu. Mellor non forzar e trotar sobre terra... eu tamén ando parecido co xemelgo esquerdo.

Aguita dixo...

Descanso y fisio; cuidado que la sobrecarga puede llevar a la lesion si no se cuida.
Recuperate bien, un saludo

Francés dixo...

Hola

Si el domingo deseas trotar, avisame que iré a correr a Salvatierra. Me a pasado algo parecido que a ti, pero lo mio tiene más guasa....


Saludos