31/01/10

Faltan cinco semanas. Parte de guerra.

Vaia semaniña! Tras rematar a semana pasada a Media Maratón Manuela Machado esta presentábase dura e así o foi. Dura por que nós tamén a facemos dura esixíndonos cada vez máis, xa coñecemos a máxima de Haruki Murakami : a dor é inevitáble, o sufrimento opcional. Pois esta semana decidín sufrir un poquiño, tampouco moito todo ten un límite e eu ao fin corro para desfrutar.

O martes e coas pernas aínda tocadas da media fixemos unha hora de rodaxe suave pero o mércores tocaban catorce series de 500 metros e remateinas todiñas empezando a 2' e rematando en 1':35'' grazas a gran axuda de Dani Bargiela que me axudou moitísimo tirando de min nas tres últimas series nas que me vin só xa que ningúndos meus compañeiros estaba en condicións de facer estas series, ben en parte como foi o caso Dani e Rama ( "convalecientes" da Media) ou na súa totalidade como sonos casos de Edu ( con gastroenterite) e de David ( en proceso de recuperación psicolóxica).
O venres tocaban outra vez series, esta vez tres de catro mil metros. Outra vez volvimos a contar con Dani Bargiela axudándonos nos ritmos a Dani e a min. Estas series fixémolas a preimeira en 17':00'' a segunda en 16':30'' e a derradeira en 15':21'' esta última cuns derradeiros 500 metros extenuantes que no meu caso realicei grazas aos ánimos de Dani Bargiela.
E para rematar a semana e outra vez na terra de Salvaterra case 23 km. en 1 h.:45':00''. Tirada longa que facemos empezando a ritmo de 5 e algo para ir subindo ritmo e acabar por debaixo de 4 min/Km. Dura semana pero se se queren conseguir obxectivos hai que adestrar, sen traballo non hai sorte.

Por outra banda teño que referirme ás baixas que provocan esta preparación. Á xa mencionada baixa de Edu que non puido adestrar en condicións ata o domingo hai que mencionar os casos de Tino e Robert. O primeiro con problemas nun xeonllo que lle empiden correr e no caso de Robert co piramidal danado. A preparación dun maratón é dura e ten estes sinsabores dende aquí quero darlle os meus ánimos e desexos de recuperación por que Barcelona nos espera a todos!!.

Saúde e quilómetros!.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Estás a facer un gran traballo. Só queda tocar madeira para que non veñan contratempos. Seguro que en Barcelona acadas un gran resultado. O dito, moita sorte Jose.

Un saúdo. Beauvais