22/11/09

II Carreira Popular Benéfica Óscar Pereiro. Obxectivo cumprido

II Óscar Pereiro


Despois do fiasco da semana pasada na S. Martiño ao segundo intento puiden conseguir o que buscaba nesta temporada : baixar de 38' nun dez mil. Nunha semana non se mellora tanto como para baixar máis dun minuto unha marca tan esixente, polo que creo que as desculpas dadas a semana pasada algo tiveron que influír.

Xa no regreso de Ourense Edu e un servidor propuxeramonos sacar a espiña nesta carreira. Con tal motivo platexamos os adestramentos da semana pensando na proba.

O martes fixemos unha rodaxe de recuperación coa grata sorpesa da reaparición do Tanino Tino, esperamos que a denominación de "difunto" pase á historia ( jajaja). O mércores repetimos as catro series de mil que fixeramos a semana anterior ( entre 3:50 e 3:21 no meu caso), para o venres sair a trotar suave durante corenta minutos.

O sábado, día da carreira, amaneceu de novo chuvioso, a medio día a cousa púxose aínda máis fea coa tromba de auga que caía, o que non era bo sinal para poder correr ben pola tarde. Pero cando chegamos a Mos, sobre as 4 da tarde, o tempo empezou a mellorar. Tras recoller os dorsais fomos a cambiarnos para iniciar o quecemento. A carreira estaba prevista para as 17:30 pero entre as carreiras dos nenos e sobre todo polas intervencións dos organizadores e da presidenta da asociación à que ían destinados os donativos ,a carreira retrasouse, ademais por se o retraso non era de abondo tivemos que esperar a que se sacase a foto oficial da nova secta, digo equipo, dirixido por Alejandro Gómez.

Por fin con quince minutos de retraso deuse a saída. Saín acompañado de Isma, Maxi e Rober, por díante a poucos metros Edu. No primeiro km tentei non sair de punto e controlar as pulsacións, sen preocuparme por Edu, a pesar destas reservas fíxeno en 3':35'' e o segundo en 3':34'', pero as sensacións eran boas. Maxi decidiu ir con Edu, eu preferín seguir ao meu, O obxectivo non era gañarlle a Edu, era baixar de 38'00'' e ía moi ben para iso. No km. 3 ( 3:43) engancho con eles deixándome levar nunha baixada pero xusto no momento en que iniciabamos unha subida duriña. Aí volvo a quedar descolgado e paso polo primeiro paso por meta dous segundos por detrás. No catro repito os 3':43'' mentras supero a Maxi e vexo que Edu afástase uns metros máis. No cinco o circuíto ponse costa arriba (3:58) e sigo co meu plan de non cebarme en perseguir a Edu, piquei un tempo de 18:35 bastante por debaixo dos 19:00 previstos. Entre o cinco e o seis adiántame unha corredora ( moi guapa por certo!!) que non tiña "fichada" e que resultou ser Margarita Fuentes-Pila.


A oitocentista Margarita Fuentes-Pila

Fago o seis en 3':56'' e o sete en 3':53'' , seguía en tempo de facer marca e o mellor eran as sensacións de que aínda garbaba algo para o final. No oito decido ir a por Edu e fago 3':41'' pero non o dou enganchando ata o nove (3':51'') no mesmo sitio que na volta anterior, esta vez ía acompañado doutros dous corredores cos que levaba un pique particular, cheguei ao seu carón e desta volta aguantei na subida. Á falta de 300 metros e aproveitando outro repeito deixoume atrás e quedei cun dos corredores que conseguira resistirnos na costa anterior (o outro claudicara). Xa na recta de meta o que me acompaña espríntame e cando creo que non vou poder dar maís saíronme forzas non sei de onde para aguantalo e chegar con el. Penso que o superei pero na cronometraxe oficial aparezo por detrás co mesmo tempo bruto pero cun segundo menos no tempo neto, pero isto era o de menos o importante foron os 37':45'' que conseguín ( tempo neto ).

Edu 37':40'' posto 65
Xosé 37':45'' posto 71
Maxi 38':46'' posto 93
Isma 40':17 posto 149
Rober 43':52'' posto 291

Resultados da II Carreira Popular Benéfica Óscar Pereiro

Rematada a carreira pasamos ao pavillón Óscar Pereiro onde nos tiñan preparado un avitullamento moi completo : auga, aquarius, rosquillas, froita, galletas, powerade. Alí atópamonos cos compañeiros Taninos e asimilados e puidemos comentar a carreira e disfrutar das marcas realizadas.

Despois recollín a miña bolsa coa roupa na consigna e fun a ducha, onde puiden coñecer ao gañador absoluto da proba Robertas Geralavicius.
Ao volver á pista do pavillón tomei un café agasallo da organización e o mellor de todo un marabilloso prato de callos ( que ricos estaban!! jajaja)



Estupendo prato de callos

Como tiña tempo asitín á entrega do cheque á ASODIFISI (3300 € ) e á entrega dos trofeos a todas as categorias.

E despois de todo isto :



Foi unha boa semana deportiva. É gratificante conseguir os obxectivos marcados e máis gratificante aínda poder compartilos con todos os Taninos.

Agora a pola Mendia Maratón de Pontevedra, caerá outra marca persoal?

Saúde e quilometros!!

4 comentarios:

Fernando dixo...

elite do atletismo popular. Tes mínima para a S. Silvestre Vallecana profesional.

O peor é o mal gusto de rematar o día indo a un concerto de Fito e Fitipaldis.

en fin, Ninguén é perfecto!!! :-)

PD. Supoño que coa túa marca queda confirmado que a S. Martiño tiña metros de mais co cal a meu ritmo foi o desexado e así tratarei de arriscar en Pontevedra.

Unha aperta.

Xose dixo...

jajaja vexo que non e gusta a música rock!.Entón que me dirías se vou ao concerto de Sabina? jeje

xa me comentou o amigo Beauvais o tema da San Silvestre Vallecana pero creo que de momento voume quedar na San Silvestre de Castrelos! jajaja.

Anxo F. Saborido dixo...

Ehhhh!! Noraboa!!!
Está claro que quen se esforza, vese recompensado, tarde ou cedo...iso é o que me dá a min ánimos, jajajaja!! Algún día esforzareime e verei as recompensas, jajaja, ala, a traballar...

Fernando dixo...

Sorprenderíaste da variedade de músicas que me gusta. E Rock por suposto. O que non me gusta é o rock ñoño e comercial que non me emociona. Son moi normaliños. E de Sabina: tive días mellores, sobre todo ó principio da súa carreira antes de venderse ó negocio.