15/11/09

XXXIII San Martiño: Obxectivo non cumprido.



Fotos atopadas no xornal " La Región"

Pois non puido ser, ao final fallei por un minuto ( 38':59''), por adestramento non foi. Tal vez fora un reto moi alto para as miñas posibilidades, tal vez influiu o día totalmente desapacible, o circuíto mollado, non ter durmido ben... todo isto soa a desculpas e non quero caer niso.
Pola outra banda nin Edu nin Dani conseguiron os seu retos, semella que non foi unha boa carreira para os Taninos. Ni tan sequera Isma, Rober e os demais compañeiros de Ponteareas que nos desplazamos a Ourense se mostraron moi satisfeitos da carreira, xa sabedes ese dito : mal de moitos consolo de parvos!.

En canto á miña carriera e pasando por alto a previa pasada por auga dicir que esta vez si conseguimos situarnos perto da saída, para isto houbo que deixar de quecer vinte minutos antes, embutidos en bolsas do lixo para resgardarnos da chuvia e manter a calor corporal. Aínda así tardamos once segundos e psar pola liña de saída. Non puiden ter vía libre para correr ata case pasar a Ponte do Milenium, no primeiro quilómetro non me atopaba moi agusto nin moi concentrado na carreira, só cando cheguei ao 2º Km. empecei a sentirme en carreira, levaba poucos metros por diante a Edu e pegado a min a Dani. Ata o Km. 5 fun cumplindo os obxectivos a pesar de que os carteis que indicaban os puntos quilométricos non debían estar no lugar correcto por que a diferencia entre un Km e outro podía variar ata 30''.

No sete deixei de ter como referencia a Edu, e a miña preocupación era que Dani me superase por que non me sentía cómodo, ao non ter referencias correctas non sabía cal era o meu ritmo real, trataba de enganchar o ritmo de outros corredores pero non atopaba a ninguén co que me sentise cómodo . No Km. 8 adiantoume Horacio ( Billa ) saudoume e tratei de seguilo pero pouco antes do cartel do Km. 9 tiven que renunciar a seguilo e preocupeime de non abafarme e acabar dignamenteo obxectivo de baixar de 38' estaba xa lonxe. Sobre a Ponte Romana apretei a zancada e adiantei a algúns corredores coa intención de, polo menos, mellorar a miña marca nos 10000 m., cousa que funalmente puiden facer.

Resultado final 38':59'' posto 260. Edu 38':31 posto 227. Dani 40':09'' Posto 372. Isma 41':06'' posto 480. Rober 44':47'' posto 979. Maxi 40' :30'' posto 445. Fernando Rama 44':02'' posto 853. Rafa Dios 43':51'' posto 912.Victor 43':31'' posto 982 .

Nesta ligazón pódense ver os videos de entrada en meta, son videos dun minuto de duración, premede no minuto de carreira que queirades ver e xa está : Videos da carreira.

Resultados completos na web de championchipnorte : XXXIII Carreira de San Martiño.

Agora tentarémolo de novo na II Carreira Popular Benéfica Óscar Pereiro (Mos), que se celebra o sábado día 21 deste mes. E se non hai problemas coas lesións o día 29 estaremos en Pontevedra para participar na XIV Media Maratón de Pontevedra , sera por carreiras!!.

Saúde e quilómetros!!.

XXXIII San Martiño





2 comentarios:

Fernando dixo...

Fáltache engadir a desculpa de que, segundo parece, o percorrido tiña sobre 300m de mais. Comentouno moita xente e si fora así ti terías conseguido o teu obxectivo e eu o meu.

Xose Carrera dixo...

Amigo Fernando pode que sexa así, ecoitei ese comentario nada máis entrar en meta. Non sei se variou algo o recorrido en relación a outros anos pero amin pareceume o mesmo que hai catro edicións. Se presume esta carreira de algo é de estar homlogada a distancia. Esta claro que unha difencia de 300 m. é máis dun minuto.
Outra vez se tentará!