10/08/08

Semana 1


Primeira semana de adestramentos cara a maratón de Donosti e primeira semana na que realizo cinco adestramentos. Martes, mércores e venres fixemos saídas de 12 quilómetros cada unha polo circuíto que chamaremos o da "Volta" e que deixei na entrada anterior. É un circuíto durillo xa que ten dous quilómetros de ascensión á Picaraña cuns tramos de subida esixentes.
O sábado pola mañán fixemos unha saída de 45' para ir acostumando o corpo a adestrar tres días seguidos.
O domingo tocaba tirada longa de 90' e para iso fomos ata o parque eólico de A Franquira. Un circuíto de pistas de terra feitas para acceder aos muíños eólicos con rampas duras pero con bo piso. As vistas dende alá arriba son espectaculares!. O pero que lle poño a este circuíto é a "fauna" que nos acompañou por todo o recorrido. Vacas e cabalos por todos os lados e non é que teña nada en contra destes animais pero é que algunha vaca fíxonos cambiar o recorrido deixándonos ben claro que non éramos ben recibidos no seu territorio mostrándonos os seus cornos, vamos que os sanfermins xa pasaron e eu non teño ganas de sair corredo diante dunha vaca!!!.
Foi unha semana dura de adestramentos e foi a primeira, non sei se poderei estar a altura pero seguirei tentandoo.

Saúde e quilómetros!!!

2 comentarios:

Tino dixo...

FORO DE DEBATE SEMANAL, XA!!!!!

Anónimo dixo...

Súmome á proposta!
Debate xa!
Por subir grandes costas todos os días!!!

anxo