24/08/08

Semana 3

Semana dura de adestramento e isto non fixo máis que empezar!. Dura por que ademais de seguir coas cinco sesión de adestramento, empezamos a facer sesións de costas para fortalecer as pernas, dura por que rematamos a semana participando nunha carreira en Baiona de 10 quil. moi esixente polas rampas empinadas que tiña e dura por que todo isto estivo acompañado de poucas horas de sono por empeñarme en ver os Xogos Olímpicos pola tele.

Destacar nesta semana o feito o mércores, 3x7 de costas de 40 m. a máximo desnivel que nos deixaron unhas marabillosas maniotas nos gluteos ( escepto ao fenómeno de Edu que está como unha rocha ! ), o sábado 8 repeticións de costas de 1' e o domingo a xa mencionada carreira que como dixen era bastante dura, xa que entre o quilómetro 3 e 4 tiña unha moi dura subida que me deixou fóra de combate perdendo moito tempo. A pesar disto fixen un tempo moi aceptábel (40':03'') tendo en conta que non era unha carreira obxectivo e que non foi preparada.

Saúde e quilómetros!!

3 comentarios:

zapatilla veloz? dixo...

No hay nada mas reconfortante, que sin haber preparado la carrera, estes ya en 4 minutos/Km. Da toda la impresión de ser una especie de barrera, la cual ya está ganada y ahora hay que ir a por el 3,45 minutos/Km.

A por ellos, oe¡

Anónimo dixo...

Ides sobrados!!
Nen maniotas nen costas!


afs

Anónimo dixo...

Anónimo indica que o Concello de Ponteareas organizou un fantástico programa de festas de Setembro este ano 2008. Entre as actividades que se nos ofrecen está a II Carreira Pedestre, o próximo domingo 21 de Setembro, ás 18h.
Eu xa teño apuntado o día, jeje.
Vémonos na bici ou correndo, chao, até sábado!