04/01/08

Xa temos programa de adestramentos

A próxima semana iniciamos os adestramentos. Buscamos en internet varios programas de adestramento para preparar a Mapoma e en principio inclinámonos por este : http://www.runners.es/rcs/planes/2006/06_Jun/tabla_248_1.htm

É un plan que esixe sair a correr catro días por semana ( martes, mércores , venres e domingo) en principio semella un tanto esixente pero decidimos adaptalo as posibilidades de cada un. O martes 8 de xaneiro empezamos e espero que as lesións nos respeten ao longo desta nova xeira de adestramentos.

Pola miña parte vou a pór todo por cumprir a planificación aínda que a día de hoxe non me atopo nas mellores condicións físicas, no último adestramento paseino fatal, non ía nin de pulmóns nin de pernas, por iso terei que tomalo con moita calma.

Seguiremos informando. Saúde e quilómetros!

3 comentarios:

Tino dixo...

Como compañeiro teu de fatigas paréceme unha moi boa iniciativa contar a nosa experiencia o longo destas 16 semanas de adestramentos que nos esperan.

Prometo ser un fiel seguidor do blog, así como o "brazo azotador" que nos leve a todos a conseguir o obxetivo: ¡¡¡¡Repetir a fazaña de Filípides!!!!

Un saudo.

Anónimo dixo...

Tamén comentar que me ía enfadar con Xose por colgar escasas fotos nas que figura un servidor, pero igual falla a asistencia das carreiras.

rubén p.

Anónimo dixo...

Non creades que estou deixando o mundo do running. Para nada. O martes e onte fun "en solitario" a facer o percorrido habitual para coller forma, xa que cada vez que vou con vos chego a casa medio desmoralizado. Así, estou intentando coller ritmo, e a verdade que estes dous días empezo a sentirme ven. En breves empezo de novo con todos. Un saudo.

Fernando.