05/01/08

Circuito de series

Esta mañán, David máis eu, fomos a realizar as medicións do circuito de Pardellas. Levanos unha roda de medición, desas que usan os topógrafros. Medimos polo centro da pista tendendo a pecharnos cara a corda nas curvas, tal e como facemos en carreira. Deste xeito medimos e marcamos con pintura laranxa os 100,200,300,400,800,1000,1500,2000,3000 e 4000 metros.
Cando estabamos en pleno proceso de medición, atopámonos cun corredor que estaba facendo o seu adestramento e que resulta que era o "autor" das medicións anteriores. Estivemos charlando un bo rato con el, e realizamos outra medición con el do exterior da pista e do interior, a diferencia é de 20 metros a máis se se realizan por fóra as series (pola corda o circuito mide 472m. e por fóra 492m).
Este rapaz foi o campión galego de 5000 en pista na categoría de veteráns (+35)o ano pasado, e tamén estivo indicándonos outras medicións que realizara, tamén con roda topográfica, tanto no interior das instalacións de Pardellas como pola zona de A Freixa. A conversa foi moi gratificante, ilustrounos sobre as características da pista de Pardellas e da súa persoal historia no mundo das carreiras. Dende logo dá gusto atoparse con xente que ten as túas mesmas afeccións e que che pode dar bos consellos.
En definitiva, xa está todo listo para facer as series, agora so falta que as pernas respondan.
Saúde e quilómetros!

2 comentarios:

Fernando dixo...

Vai a ser duro !!!!
Estades preparados?
Hoxe xa choveu e os que nos quedan.
Dende Salvarterra eu tamén vou a polo sexto Mapoma.

Xose Carrera dixo...

Pois si que vai a ser duro!!
Levo unha semana adestrando e dóeme todo!
Amigo Fernando conto coa túa experiencia en Maratóns para sacar isto adiante!
Sabe máis o demo por vello que por demo! e sempre hai que facerlle caso á sabeduría popular.
Un saúdo.