27/01/08

Quen dixo que ía a ser fácil ?

Terceira semana de adestramento e as lesións están deixando ao club sen efectivos: Tino,Rubén,Gonzalo e esta semana David,non adestraron polos seus respectivos problemas físicos.
Só Edu e eu mantivemos a chama prendida adestrando todos os días.Dani faltou o mércores e o venres por motivos laborais.
Polo demais non houbo novidades de resaltar.O domingo fomos,unha vez máis a Salvaterra a facer a tirada longa de quilómetros,e esta vez si nos respetou o tempo, o sol fixo acto de presencia,o que nos permitiu facer máis quilómetros na hora e media de carreira que temos no programa.Destacar que fixemos quilómetros cun corredor portugués que se sumou a nós para facer os seus quilómetros. Estivonos contando as súas experiencias nas carreiras e nós correspondimos contando as nosas. Creo que sempre que vaiamos a Salvaterra o imos a atopar xa que me preguntou cando e a que hora acostumabamos a correr por Salvaterra.Está ben isto de facer colegas corredores!!! Bem-vido amigo Francisco!!!(que así se chama).
Espero que esta semana se vaian incorporando os lesionados,que as lesións deixen de amolar e que poidamos seguir disfrutando da compañía dos colegas e do atletismo!!.

E nunca a ocasión foi a mellor para desexar: SAÚDE E QUILÓMETROS!!!

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Non se os pode deixar solos!!

Aproveitades a mínima ocasión para establecer relacións..

Que paciencia, que paciencia!!

LUIS DAVID dixo...

Es posible que en las carreras pueda ganarte, pero en lo que seguro no te puedo ganar, es en tu faceta de narrador, si señor!.

LO mejor en mi caso es que no haga atletismo de salón y si de zapatilla... VELOZ por supuesto.

Nos vemos el martes.

Saúde para los lesionados e quilómetros para los sanos.

David

primaporta dixo...

Hola, qué atletas me estáis hechos