04/04/10

XI Vig-Bay. Unha semana.


Derradeira tirada longa preparatoria da Vig-Bay. Corrimos durante dezaoito quilómetros en pouco máis de hora e vinte e catro minutos. A primeira media hora foi a trote sobre 5: 15 min/km para ir aumentando o ritmo e finalizar por debaixo de 4 min/km. Esta rodaxe puxo fin a unha semana esixente no que aos adestramentos se refire.
Como estba de vacacións puiden sair a adestrar pola tarde coa luz do sol e baixo a chuvia algunhas veces. O martes unha hora de rodaxe, o mércores catro series de 2000 metros entre 7'44'' e 7':15''. Consecuencia destas series teño unha molestia no baixo abdome que non me impide correr pero incordia. Se a estas series lles sumamos as realizadas o venres, quince de 300 metros entre 1':04'' e 51'' a molestia referida continua incordiando. O sábado unha hora de rodaxe e o domingo a xa mencionada tirada de dezaoito quilómetros.

As molestias están aí, pero só queda unha semana e agora non podo parar. Esta semana o nivel de esixencia loxicamente é menor, rodar o martes e cinco series de mil o mércores para rematar o vernes cunha rodaxe moi suave.
Todo isto para tratar de facer unha boa carreira . Como xa teño comentado gustariame rondar a hora vinte dous, disque é un tempo demasiado esixente pero por tentalo non vai ser.

Nesta ocasión vanme a acompañar os taninos, coma sempre, mais algúns membros do "chamado núcleo duro" van faltar por diversos motivos. Despois de varias edicións participando xuntos esta vez van faltar. Empezamos xuntos esta aventura atlética e vaiseme facer raro non velos por Samil. Dende aquí ánimos a todos, que se solucione todo e espero poder ganarlles noutra ocasión.

Outro tema é organizar a loxística da carreira: o desprazamento ata Baiona ou a Samil, tema que resolveremos ao longo da semana.

Saúde e quilómetros!!

2 comentarios:

Anxo F. Saborido dixo...

Cada vez estamos peor...até temos fotos dos adestramentos!!!jajajaj!!!

Aislamientos Navales dixo...

ganarle al núcleo duro?

para eso aun te queda mucho caldo que comer...Sigue entrenando!!!