21/03/10

IV 10Km Universidade de Vigo.


Primeira carreira trala marató e primeiro adestramento de "calidade" para a Vig-Bay. Esta semana pasada como tiña previsto foi de descarga, corrín unha hora o domingo; o martes e o xoves fixen o circuíto habitual de once quilómetros reservandome para esta carreira á vez que apuraba a recuperación da marató. E creo que me recuperei ben, as pernas non me doen e xa non as sinto tan pesadas.

Con isto presenteime xunto con seis Taninos máis no campus da Universidade de Vigo onde se celebraría esta carreira na súa cuarta edición .

Chegamos cedo e así puidemos aparcar o coche na zona de aparcamento do campus ( moitos tiveron que aparcar a 3 quilómetros por que os accesos ao Campus foron pechados pola Garda Civil pòuco despois da nosa chegada). Despois de recoller os dorsais e tomar un café preparámonos para a carreira. O día estaba despexado e incluso as raiolas de sol quentaban de máis para o meu gusto.

Ás 11:30 e tras gardar un respetouso minuto de silencio polo falecemento de Julián Bernal deuse a saída, o meu obxectivo era esforzarme a tope, probar cal era o meu estado físico trala Marató, por iso saín rápido, moi rápido o que me levou a facer a metade da carreira en 18':37'' demasiado rápido e claro, os excesos páganse. Non chegeui a me setír afundindo pero o ritmo foi decrecendo quilómetro a quilómetro. Fun adiantado por unha ducia de corredores que se compensaron cos que adiantei eu xa que rematei no mesmo posto do que me cantaron do quilómetro seis.
Xa no derradeiro quilómetro tratei de cambiar o ritmo pero non había, fáltabame chispa, lóxico despois de levar tres meses preparando un maratón. Tempo final 38':34'' netos ( 38':40'' oficiais). Pouco despois chegaría Rama ( 39':44''), Isma ( 40':03''), Maxi (40':17''), David ( 41':18'') , Edu ( 41':31'') e Anxo éo melhor ( 43':18'') . Para os que se sorprenda do tempo de Edu decirlles que esta fin de semana decidiu facer o Maratón de Madrid e polo tanto vai levar un plan de adestramento que lle indicaba facer hoxe 100 minutos e para iso unha hora antes de iniciar a carreira foise a facer quilómetros.

Resultados da Carreira

Fotos recollidas

IV 10Km Uvigo.



A valoración que fago da miña carreira é moi positiva, doume un ben alto case notable. Agora estou enchufado coa Vig-Bay, teñolle ganas a esta edición por que o ano pasado non a puiden disputar e vou a tentar facer marca persoal. Para logralo seguirei o plan da anterior entrada. A ver que sucede.

1 comentario:

Antonio Martínez dixo...

Estás feito feito unha fiera... E de Edu, que? Impresionante facer unha segunda maratón en menos de dous meses...
Boa sorte na Vig-Bay e no Mapoma.